"Marc" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 524.

  • PERSOEIRO

    Comediógrafo francés. Autor de Jean de la lune (Xoán da lúa, 1929), Patate (Pataca, 1957), L´idiote (O idiota, 1960) e La Débauche (A relaxación, 1973). Foi membro da Academia Francesa (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Foi o primeiro músico galego que escribiu música profana culta. A súa formación iniciouse na Coruña, continuou en París, onde adquiriu unha marcada influencia chopiniana (aínda que non chegou a ampliar os seus estudios pianísticos con Frédéric Chopin como era o seu obxectivo) e contactou con Franz Liszt; en Londres estudiou con Ignaz Moscheles e en Madrid relacionouse con compositores madrileños da época, cando menos ata 1868. Nos seus últimos anos retirouse ao seu pazo de Lóngora, preto da capital herculina, onde morrería. A súa produción musical abrangue ópera (Inese e Bianca); cancións para voz e piano ou lieder; obra orquestral (Gran obertura); obra pianística (Nocturnos, Baladas, Impromptus, Romanzas sin palabras, Sonatina en sol a cuatro manos, Vals brillante, Improvisación, Elegía, Andantino con variaciones, 2 Sonatas) e música de cámara (2 Tríos, Sonata para violín y piano). Traballou sobre o folclore galego, recollendo temas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político romano. Dirixiu a campaña contra Sexto Pompeio (segundo fillo de Pompeio o Grande) a quen derrotou en Sicilia (37-36 a C), unha expedición contra os ilirios (35-33 a C) e tomou parte na Batalla de Actium (31 a C). Defendeu a Galia (20-19 a C) das ameazas a que estaba a ser sometida polos xermanos e puxo fin ás guerras cántabras (19 a C). Agripa foi senador, tivo a potestade imperial concedida por Augusto (21 a C) e tribuno (18 a C); así mesmo, a súa influencia sobre Augusto, de quen era o principal conselleiro, estableceu un verdadeiro sistema de correxencia. Tanto Agripa coma os seus fillos Gaio e Lucio, adoptados por Augusto, morreron antes ca o Emperador. Os seus estudios xeográficos están contidos nos posteriores de Estrabón, Mela e Plinio; elaborou un inacabado mapa do mundo que mandou expor Augusto (12 a C) no pórtico de Agripa; ordenou a construción da primeira rede viaria da Galia, con centro en Lión; erixiu catro pórticos, as termas de Roma que levan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés que salientou polas súas adaptacións de obras literarias como Sous les yeux d´Occident (Baixo os ollos de Occidente, 1936), segundo a novela de Joseph Conrad; e L´amant de Lady Chatterley (O amante de Lady Chatterley, 1955), baseada na obra de D. H. Lawrence.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista arxentino, neto de Carlos María de Alvear. Membro da Unión Cívica Radical (1890), participou nas revolucións de 1890, 1893 e 1905. Substituíu a Yrigoyen na presidencia (1922-1928) e seguiu unha política máis moderada. Dende o derrocamento de Yrigoyen (1931), exerceu o liderato do Partido Radical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador latino. Como militar loita contra os alamanos e os persas. Escribe a Rerum gestarum, a historia de Roma entre os anos 96-378, dos que só se conservan os 16 últimos dos 31 libros, que abranguen desde o Emperador Constantino ata Valentiniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Roma (642-617 a C), o cuarto segundo a tradición. Atribúeselle a construción da ponte Sublicia sobre o Tíber e dun peirao en Ostia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Creador do navegador Mosaic (1993) xunto cun grupo de compañeiros da Universidade de Illinois, nos EE UU. Poucos meses despois converteuse nun dos fundadores da compañía Netscape, que produce un dos dous navegadores máis populares para a Internet, o Netscape Navigator.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e deseñador gráfico. Cursou estudios de serigrafía en Lisboa e deseño gráfico na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Participou en exposicións colectivas na Coruña, Ourense, Madrid, Berlín e Lisboa; as súas exposicións individuais desenvolvéronse nas galerías 4 Montras (Lisboa, 1991 e 1995), A Droguería (Lisboa, 1992), Le Ki (Madrid, 1993) e Museo da Electricidade (Lisboa, 1996). Dedícase preferentemente á técnica do trampantollo (trompe l’oeil). Foi decorador da TVG en colaboración con Suso Montero nos programas: “Imos Aló” (1990), “Aprendiz de Meigo” (1990), “T.V. Pirata” (1990-1991), “Supermartes” (1996) e “Salsa Verde” (1996). Traballa como dourador e restaurador de volumes do Teatro Rosalía de Castro da Coruña (1994-1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e novelista francés. Formou parte da dirección de La Nouvelle Revue Française (A Nova Revista Francesa) e publicou novelas e contos de intención moralista, entre outros, L´Ordre (A orde, Premio Goncourt, 1929) e o libro de relatos Attendez l´aube (Esperade a alba, 1970). Publicou tamén ensaios de crítica como Proche du Silence (Achegado ao silencio, 1973) e o dietario Je vous écris (Escríbovos, 1960-1963). Foi elixido membro da Académie Française en 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e historiador de arte. Autor de numerosas obras sobre a arte románica e gótica francesa como La sculpture française au Moyen Áge (A escultura francesa na Idade Media, 1947) e sobre a arte catalá coa obra L’art de la Catalogne (A arte de Catalunya, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa francesa de construcións aeronáuticas, constituída a raíz da fusión en 1971 dos Ateliers d’Aviation Louis Breguet (ou Breguet-Aviation) co grupo Marcel Dassault, que xa adquirira Breguet-Aviation no 1967. Fabrica avións civís (como o Mystère) e, sobre todo, avións militares Mirage, Jaguar, Alphajet e Super-Eténdard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador e dramaturgo francés. Describiu con humor escéptico a sociedade e os sentimentos contemporáneos. A súa primeira novela foi La table aux crevés (A mesa para os mortos, 1929). La jument verte (A égua verde, 1933) considérase unha das súas mellores novelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abade do mosteiro de Oseira (1561-1563). Baixo o seu mandato construíronse a portería, o balcón do órgano, a campá maior, a espadana do reloxo e a rella da igrexa. Ademais, fixo posible a reconstrución do mosteiro, en estado case ruinoso tralo incendio de 1552 que destruíra a igrexa. Con esta reconstrución evitou a desaparición do mosteiro xa que a situación do mesmo era a razón fundamental para trasladar a abadía a Valladolid e converter Oseira nun priorado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador hispanista francés. Estudiou na École Normale Supérieure de París e en Madrid, onde residiu ata o 1922. Foi profesor en Lisboa (1922-1926), no Lycée de Burdeus (1926-1929), no Collège de Francia (1955-1965) e na Universidade da Sorbona. Membro do Institut de France dende 1952, foi director do Institut d’Études Hispaniques de París e do Bulletin Hispanique. En 1937 saíu en París a súa tese Érasme et l´Espagne: recherches sur l´histoire spirituelle du XVIe siècle (Erasmo e España: investigación sobre a historia espiritual do século XVI), estudo que completou en sucesivas publicacións: Études sur le Portugal au temps de l´humanisme (Estudios sobre Portugal en tempos do humanismo, 1952), Études sur Bartolomé de las Casas (Estudios sobre Bartolomé de las Casas, 1965), etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Iniciou a súa andaina coa peza Eugénie (1767) logo de ter escrito varios xoguetes cómicos que serían representados no castelo da familia dos Pompadour. Procesado por falsificación, escribiu as catro Mémoires (Memorias 1773-1774), modelos de panfleto e de sátira social. En 1775 o Teatro da Comedia Francesa presentou un espectáculo baseado na súa peza La précaution inutile ou Le Barbier de Séville (A precaución inútil ou O barbeiro de Sevilla) que, despois dalgúns arranxos, se converteu nun éxito de público e crítica. Nesta peza presenta a Fígaro, un criado intelixente e buscavidas que será o personaxe central de La folle journée ou Le mariage de Figaro (A xornada tola ou As vodas de Fígaro), estreada con notable éxito na Comedia Francesa en 1784, logo de ser censurada en 1781 por constituír unha aceda sátira política da sociedade da Francia prerrevolucionaria. Esta última peza sería o pretexto para un espectáculo homónimo estreado pola compañía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Realizador cinematográfico italiano. Dirixiu numerosos filmes de denuncia contra a opresión das autoridades civís e familiares, o exército e contra todo tipo de poder. O erotismo e o estupro son outras temáticas tratadas por este realizador. Dirixiu La colpa e la pena (A culpa e a pena, 1961), La Cina è vicina (A China está próxima, 1967), Marcia Trionfale (Marcha triunfal, 1977), Gli occhi e la bocca (Os ollos e a boca, 1982), Diavolo in corpo (O diaño no corpo, 1986) e Il Principe di Homburg (O Príncipe de Hamburgo, 1995). Obtivo o Oso de Prata de Berlín en 1990 por La condanna (A condena).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bandoleiro calabrés, coñecido por Re Marcone. A súa banda foi desarticulada polo vicerrei de Nápoles, Pedro Afán de Ribera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e ilustrado. Fillo do conde de Prado e neto do conde de Quirós. Foi procurador do concello do Barco de Valdeorras e gobernador e xustiza maior da terra de Barrenes. En 1784 redactou o Manual regio y elementos de real potestad, estudo sobre as regalías do soberano que non recibiu a aprobación do Real e Supremo Consello de Castela e do Colexio de avogados de Madrid para a súa publicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Exerceu como profesor de Química Orgánica na Escola Superior de Farmacia. Foi pioneiro no descubrimento de procesos de síntese de substancias orgánicas independentemente dos seres vivos. Tamén investigou a calor desprendida ou absorbida nas reaccións químicas, o que o levou, ao mesmo tempo que Julius Thomsen, a enunciar o principio chamado Thomsen-Berthelot. Foi, amais, o creador da bomba calorimétrica e descubriu novos métodos para as medicións termoquímicas. Escribiu, entre outras obras, Leçons sur les principes sucrés (Leccións sobre os principais azucres, 1862).

    VER O DETALLE DO TERMO