Bellocchio, Marco

Bellocchio, Marco

Realizador cinematográfico italiano. Dirixiu numerosos filmes de denuncia contra a opresión das autoridades civís e familiares, o exército e contra todo tipo de poder. O erotismo e o estupro son outras temáticas tratadas por este realizador. Dirixiu La colpa e la pena (A culpa e a pena, 1961), La Cina è vicina (A China está próxima, 1967), Marcia Trionfale (Marcha triunfal, 1977), Gli occhi e la bocca (Os ollos e a boca, 1982), Diavolo in corpo (O diaño no corpo, 1986) e Il Principe di Homburg (O Príncipe de Hamburgo, 1995). Obtivo o Oso de Prata de Berlín en 1990 por La condanna (A condena).