Bellón
Bellón
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural de Monterrei. Algúns estudiosos supoñen que o seu tronco foi o infante Vela. As súas armas levan, en campo de ouro, vinte e catro minguantes de goles. Outra variante leva, en campo de goles, dous troncos de ouro dispostos en aspa, acompañados de cinco veneras de prata. Algunhas ramas desta familia empregan, en campo de sinople, dous leóns de ouro rampantes, sostendo unha coroa real; sobre as cabezas dos leóns e da coroa, tres lises de azul fileteadas de ouro e outra en punta cos mesmos esmaltes; bordo de ouro con sete ferros de lanza de sable, un na parte superior e tres en cada flanco.