"Marrocos" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Rei de Marrocos (1961-1999). Desterrado xunto co seu pai, Mu ḥ ammad V (1953), trala independencia de Marrocos (1956) proclamárono príncipe herdeiro e xefe das forzas armadas. Coroado rei á morte do seu pai, en 1965 disolveu o Parlamento e asumiu todos os poderes. Tentou silenciar a oposición interna cunha política exterior de expansión territorial (anexión do Sáhara Occidental a partir de 1976, intentos de satelizar Mauritania e reivindicación de Ceuta e Melilla). En política interior exerceu un poder absoluto, especialmente desde a reforma constitucional de 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do NO de África, que limita ao O co Océano Atlántico, ao N co Mar Mediterráneo, ao L con Alxeria e ao S co Sáhara Occidental (baixo ocupación marroquí), que limita ao L e ao S con Mauritania (458.730 km2; 28.990.000 h [estim 2001]). A capital é Rabat.
    Xeografía física
    O relevo de Marrocos é principalmente montañoso. Ao N, despois dunha estreita chaira costeira atópase a cadea xurásica do Rif (Tidighine, 2.456 m de altitude), que se estende en forma de arco desde o estreito de Xibraltar ata o val do río Mouloûya. O Rif está separado pola depresión de Laza ao S, e o Mouloûya ao L, do sistema do Atlas, que   está formado por tres aliñacións paralelas: ao N, o Atlas Medio; Ao S, desde a costa atlántica, comeza o Grande Atlas que alcanza a máxima altitude do país e do N de África (Toubkal, 4.165 m); máis cara ao S, separado do Grande Atlas polos uadis Todrna, Sous e Dadès, está o Pequeno Atlas. O clima é mediterráneo ao N, seco...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meseta situada entre o Rif ao N, o extremo oriental do Grande Atlas ao S, o Atlas Medio ao L e o Océano Atlántico ao O. O Atlas protéxea dos ventos procedentes do Sáhara. Distínguense tres rexións. A primeira está formada pola conca do S’bū’, aberta á influencia oceánica, cunha agricultura moi rica; as cidades máis importantes son Fez e Meknès. A segunda corresponde co altiplano marroquí, frangmentado polos vales dos ríos Tansift, Umm ar-Rabīya e Boū Rāgrāg. A poboación é nómade e seminómade. Á saída dos vales do Atlas atópanse numerosas cidades de oasis, a principal é Marraquex. Finalmente, está a chaira costeira, que se estende desde Rabat ata Mogador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán (1927-1953) e rei de Marrocos (1957-1961). Despois da Segunda Guerra Mundial demandou a independencia a través do Discurso de Tánxer (1947), e o goberno francés substituíuno por Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad ibn ‘Arafa (1953). Exiliado en Córsega (1954) e en Madagascar, o pobo forzou o seu regreso en 1955. Triunfou ao conseguir a independencia de Francia en marzo de 1956 e de España un mes máis tarde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Marrocos, fillo de Hassan II. Membro da dinastía alauita, accedeu ao trono ao morrer o seu pai, o 23 de xullo de 1999. En política interior continuou a transición que iniciara o seu proxenitor e impulsou a separación de poderes, aínda que en 2000 non convocou o referendo para solucionar o problema da independencia do Sáhara Occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán alauita de Marrocos (1822-1859), sucedeu a Sulaymān I e antecedeu a Mu ḥ ammad ibn ‘Abd al-Ra ḥ man. En 1828 tivo que facer fronte ao ataque austríaco contra os portos do reino de Marrocos por consecuencia do seu apoio á piratería. Logo, en 1844 e 1845, enfrontouse a Francia por causa do seu apoio a ‘Abd al-Qādir al- Ḥ a ӯӯ , Emir de Alxeria que se refuxiou en Marrocos logo da ocupación dese Emirato polos franceses. Non obstante , malia estes conflitos, asinou diferentes tratados comerciais con Francia e Gran Bretaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán alauita de Marrocos (1895-1908). Fillo herdeiro do Sultán al- Ḥ asan I. As súas reformas e a Conferencia de Algeciras conseguiron facelo impopular. Foi destronado polo seu irmán en 1908.

    VER O DETALLE DO TERMO