Marrocos

Marrocos
Nome científico: [nome oficial: Reino de Marrocos; ár: al-Mamlaka al-Maḡribīya]

Estado do NO de África, que limita ao O co Océano Atlántico, ao N co Mar Mediterráneo, ao L con Alxeria e ao S co Sáhara Occidental (baixo ocupación marroquí), que limita ao L e ao S con Mauritania (458.730 km2; 28.990.000 h [estim 2001]). A capital é Rabat.
Xeografía física
O relevo de Marrocos é principalmente montañoso. Ao N, despois dunha estreita chaira costeira atópase a cadea xurásica do Rif (Tidighine, 2.456 m de altitude), que se estende en forma de arco desde o estreito de Xibraltar ata o val do río Mouloûya. O Rif está separado pola depresión de Laza ao S, e o Mouloûya ao L, do sistema do Atlas, que   está formado por tres aliñacións paralelas: ao N, o Atlas Medio; Ao S, desde a costa atlántica, comeza o Grande Atlas que alcanza a máxima altitude do país e do N de África (Toubkal, 4.165 m); máis cara ao S, separado do Grande Atlas polos uadis Todrna, Sous e Dadès, está o Pequeno Atlas. O clima é mediterráneo ao N, seco na costa atlántica e continental no Atlas. As rexións meridional e oriental están influenciadas polo siroco do deserto e o cherguí de Alxeria, que elevan as temperaturas e fan diminuír a humidade. O réxime hidrográfico é moi irregular e grazas ás reservas de neve do Atlas, conta con ríos permanentes como o Sebou, Mouloûya ou o Boū Rāgrāg. A vexetación predominante é a austromediterránea que se converte en semidesértica cara ao S. Sobre o estrato de aciñeiras atópase un estrato de coníferas. Na alta montaña podemos atopar un estrato inferior de coxín espiñosos e un estrato superior de pedregal con esparto.
Xeografía económica

Economía e sectores de actividade
A agricultura é a principal actividade económica e a superficie cultivada ocupa o 21,6% (1991) do territorio. Prodúcense sobre todo cereais, tomates, hortalizas, patacas, froitas, cana de azucre, viño, legumes, algodón, oliveiras e dátiles. A gandería é extensiva, con gando ovino, cabrún, bovino e aves de curral. A pesca está dotada dunha grande industria conserveira. A modernización e o desenvolvemento a partires das ampliacións das augas territoriais e dos dereitos exclusivos de pesca de 1973 e 1981, facilitaron que os armadores estranxeiros se asociaran en compañías mixtas con parte marroquí. O produto mineral principal é o fosfato (terceiro produtor mundial e primeiro exportador), seguido do ferro, manganeso, chumbo, cinc, cobalto, uranio, sal e combustibles. A industria transforma principalmente materias primas locais e concéntrase en Meknès, Fez e Casablanca; tamén conta con empresas mecánicas e refinerías de azucre e petróleo.
Comercio exterior
Exporta fosfatos, cítricos, confección, conservas vexetais, tomates e conservas de peixe, e importa petróleo en cru, produtos químicos, artigos de ferro e aceiro, aceites vexetais, madeira, té, plásticos e automóbiles. Compra maioritariamente a Francia, Rusia e España e os seus principais clientes son Francia, Alemaña e España.
Transportes e comunicacións

As comunicacións terrestres están bastante desenvolvidas, dispón de 57.221 km de estradas das que 32.049 están asfaltadas (1997), e con 1.907 km de vías férreas, das que 1.003 km están electrificadas (1998).Ten dous portos importantes, Casablanca e Safi e os aeroportos de Casablanca, Tánxer, Rabat e Agadir.
Xeografía humana
A poboación marroquí está distribuída desigualmente polo interior do país; as chairas do N e algúns vales interiores están fortemente poboados, mentres que os altiplanos e Marrocos oriental estano escasamente. A alta natalidade, 21,4‰ (2000) é a causa do rápido crecemento demográfico e a alta proporción de xente nova no país, a pesar de que a taxa de mortalidade infantil é dun 45‰ (2000).
Sociedade e goberno

Diversidade étnica e cultural
O maior grupo étnico é o árabe, que representa o 65% da poboación, seguido dos bérberes (33%). A lingua oficial é o árabe, malia que tamén se utilizan o bérber e o francés. A relixión maioritaria é a musulmá sunnita (99,8%). Con respecto á educación, é obrigatoria entre os 7 e 16 anos, aínda que o índice de escolarización das nenas é moito menor con respecto á poboación masculina.
Desenvolvemento humano
O Indicador de Desenvolvemento Humano sitúa a Marrocos entre os países cun desenvolvemento humano medio (ocupa o 112º posto cun índice de 0,596). Este indicador desagregado ofrece o seguinte balance: a esperanza de vida ao nacer é de 67 anos para os homes e 71 para as mulleres; o índice de alfabetización de adultos é do 48,9% da poboación; o índice bruto de escolaridade é do 52% e o PNB por habitante é de 1.190 $ EE UU.
Goberno e política
Monarquía constitucional independente desde o 28 de marzo de 1956. Segundo a Constitución de 4 de setembro de 1992, modificada en setembro de 1996, o monarca exerce o poder executivo e nomea o primeiro ministro e o Consello de Ministros. O poder lexislativo reside nun parlamento bicameral integrado pola Majlis al-Nuwab/Assemblée des Répresentants, que conta con 325 membros elixidos para un período de cinco anos, e a Majlis al-Mustasharin (Cámara Alta), corpo consultivo integrado por 270 membros elixidos de forma indirecta polos consellos locais, as cámaras de comercio e os sindicatos, para un período de nove anos. O sistema legal baséase na lei islámica, xunto con elementos tomados dos sistemas de leis civís francés e español. O poder xudicial está presidido pola Corte Suprema e a pena de morte continúa en vigor. As principais forzas políticas son os socialdemócratas Union Socialiste des Forces Populaires (USFP) e Istiqlal/Parti d’Independence (I); os islamistas Parti de la Justice et du Développement (PJD); os conservadores Rassemblement National des Indépendents (RNI), Mouvement Populaire (MP) e Mouvement Nationale Populaire (MNP), e os centristas Union Constitutionelle (UC). Forma parte dos seguintes organismos internacionais: EBDR, Liga Árabe, Organización da Conferencia Islámica (OCI) e ONU.
Historia

Das orixes á integración no Islam
Na Antigüidade instaláronse nos seus territorios establecementos comerciais dos fenicios e despois dos cartaxineses. Posteriormente formou parte do Imperio Romano, integrado na provincia de Mauretania Tingitana. Devastada polos vándalos no s V, integrouse no mundo musulmán coa expedición de Mūsà ibn Nu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ ayr (702-711). Por mor da herexía kharixita separouse do Califato de Damasco baixo a dinastía dos idrísidas (789-974). A partir da segunda metade do s XI os movementos político-relixiosos almorábide, almohade e benimerín, xurdidos das grandes confederacións bérberes do grupo sanhaja, do grupo masmuda e o dos zenata, respectivamente, marcaron o punto culminante da hexemonía marroquí, coa fundación de Marraquex e o dominio de gran parte de Magreb e Al-Andalus.
Os primeiros intentos colonizadores peninsulares
Durante o goberno dos wattasidas produciuse a penetración dos portugueses pola rexión atlántica, coa conquista de Ceuta (1415), Tánxer (1471) e Mazagan (1514), e dos casteláns polo Mediterráneo, coa conquista de Melilla (1497). Esta situación, caracterizada pola inestabilidade política e o caos económico, provocou unha reacción antieuropea, encabezada pola dinastía sadita, ameazada pola expansión turca. Coa entronización da dinastía alauita de Tafilalet, establecéronse as bases do reino moderno, malia que desde o s XVIII o goberno efectivo do país veu ditado polos intereses europeos.
A repartición colonial: os protectorados
A mediados do s XIX os conflitos armados contra Francia e España liderados por ‘Abd al-Ra Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ mān I de Marrocos, levaron o país a unha grave crise económica, agravada polas novas concesións realizadas por ‘Abd al-’Azīz I de Marrocos á Conferencia de Algeciras (1906). En 1912 produciuse o establecemento do protectorado francés, polo Tratado de Fez, e o español sobre as rexións de Rif, Ifni e Tarfaya. A sublevación liderada por Abd el-Krim foi sufocada pola alianza hispano francesa e o Desembarco de Alhucemas (1925).
O reinado de Mu Palatino; ḥ ammad V: a independencia
Despois da Segunda Guerra Mundial o sultán Mu Palatino; ḥ ammad V de Marrocos creou un partido independentista que asegurou a independecia e a abolición do estatuto internacional de Tánxer. En 1957 proclamou a monarquía constitucional e estableceu a futura sucesión do seu fillo Hassan, a partir de 1961. Despois de integrarse na Liga Árabe (1958), reivindicou a posesión dos territorios do Sáhara en poder de España, ademais de Ifni e as prazas de Ceuta e Melilla, Mauritania e unha parte de Alxeria.
O reinado de Hassan II: o proceso de democratización e o problema de Sáhara Occidental
O reinado de Hassan II iniciouse cunha serie de reformas democratizadoras: a aprobación da constitución de 1962 e a celebración das primeiras eleccións xerais (1963). Participou nas Guerras Árabe-israelís de 1967 e 1973. Os movementos que reivindicaban a anexión do Sáhara Occidental, impulsados polo monarca, levaron á Marcha Verde (1975) que forzou a cesión dos territorios do Norte e o centro de Sáhara Occidental polos Acuerdos de Madrid (1975), mentres que Mauritania recibiu a administración do S. Esta situación enfrontounos co Frente Polisario, que forzou a retirada de Mauritania dos territorios do S do Sáhara (1979) e a ocupación marroquí. Nas eleccións xerais de 1977 venceron os partidarios da monarquía, pero ese mesmo ano Hassan II forzou a dimisión do novo gabinete e impulsou a formación dun goberno de unidade nacional. En 1979 Marrocos aceptou a celebración dun referendo sobre a autodeterminación de Sáhara Occidental, malia que este foise atrasando sucesivamente. O goberno de unidade nacional continuou ata as eleccións de 1984, cando a Union Constitutionelle acadou a maioría simple. A defensa dunha posición marcadamente prooccidental na súa política exterior levou a Marrocos a establecer relacións con Israel (1986) e loitou contra Iraq na Guerra do Golfo Pérsico. Como consecuencia recibiu o apoio diplomático da UE, que o consideraba un freo para o integrismo islámico, en pleno desenvolvemento durante a década de 1980. En 1991 o Frente Polisario chegou a un acordo co goberno marroquí para celebrar unha consulta sobre o Sáhara Occidental en 1992, pero o referendo previsto non se celebrou e o proceso de autodeterminación quedou bloqueado polos problemas na elaboración do censo de votantes. Tralas eleccións lexislativas de 1997 Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ḥ assan II continuou monopolizando o poder pero iniciou un importante proceso de democratización, que se amosou na liberación de presos e na chegada ao poder do socialista ‘Abd al-Ra Palatino; ḥ mān Yūsuf (1998).
O reinado de Mu Palatino; ḥ ammad VI
Trala morte de Hassan II, en xullo de 1999, sucedeuno o seu fillo, Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad VI, que se achegou cara a EE UU, España e Francia. En xullo de 2000 suspendeuse un novo referendo para determinar o futuro de Sáhara Occidental pola oposición de Marrocos, que manifestou a súa intención de outorgarlle certa autonomía á zona, pero sempre baixo a súa soberanía. O deterioro das relacións entre España e Marrocos, que levou á retirada do embaixador español en 2001, recruou coa ocupación da illa Perejil por tropas marroquís o 11 de xullo de 2002, conflito que se solucionou coa intervención das Forzas Armadas españolas. Ese mesmo ano, Driss Jettou foi elixido como primeiro ministro.