Marrocos, meseta de
Marrocos, meseta de
Meseta situada entre o Rif ao N, o extremo oriental do Grande Atlas ao S, o Atlas Medio ao L e o Océano Atlántico ao O. O Atlas protéxea dos ventos procedentes do Sáhara. Distínguense tres rexións. A primeira está formada pola conca do S’bū’, aberta á influencia oceánica, cunha agricultura moi rica; as cidades máis importantes son Fez e Meknès. A segunda corresponde co altiplano marroquí, frangmentado polos vales dos ríos Tansift, Umm ar-Rabīya e Boū Rāgrāg. A poboación é nómade e seminómade. Á saída dos vales do Atlas atópanse numerosas cidades de oasis, a principal é Marraquex. Finalmente, está a chaira costeira, que se estende desde Rabat ata Mogador.