"Mars" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 47.
-
PERSOEIRO
Trobador occitano. É autor de cancións, serventesios e tenzóns, e de setenta e dúas coplas morais e satíricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción española do ano 1953 dirixida por Luis G. Berlanga, con guións de J. A. Bardem, Miguel Mihura e do propio Berlanga. Foi interpretada por José Isbert, Manolo Morán, Lolita Sevilla, Alberto Romea e Elvira Quintillá. Os habitantes dunha pequena vila castelá, Villar del Río, reciben a nova da chegada dunha comisión de técnicos e diplomáticos estadounidenses. Ilusionados ante a perspectiva de progreso, os veciños seguen a idea de Manolo de recrear unha vila andaluza como esencia do hispano, para causarlles unha impresión favorable; pero os americanos non se deteñen e as esperanzas dos veciños quedan frustradas. Trátase dunha crítica velada ao abuso de poder e á miseria que caracterizaban á España dos anos 50, tratada coa ironía propia de Miguel Mihura. O filme foi declarado de Interese Nacional e obtivo o premio á Mellor Comedia no festival de Cannes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
san (Dobruxa 360? - 432?) Monxe e escritor latino cristián. De nome Johannes Cassianus, iniciouse no monaquismo en Belén, foi monxe en Palestina e, a partir do 385, eremita en Exipto. No 401 marchou a Constantinopla, onde foi ordenado diácono por san Xoán Crisóstomo. Logo de ser este desterrado, refuxiouse en Roma, cidade na que foi elevado ao presbiterado no 405. Finalmente, chegou a Marsella, onde fundou dous mosteiros entre o 413 e o 416: un para homes, o de San Víctor, e outro para monxas. Escribiu De institutis coenobiorum et de octo principalium vitiorum remediis libri XII (As regras cenobiais e os oito principais remedios dos vicios, libro XII), tratado sobre as institucións monásticas que contribuíu ao desenvolvemento do monacato en Occidente, e Collationes XXIV (XXIV Confrontacións), onde se critica a doutrina agustiniana da graza desde a liña teolóxica semipelaxiana. Ambas as dúas obras serviron de base para a composición da súa regra...
-
PERSOEIRO
Humanista e filósofo italiano. Fundou e dirixiu en Florencia (1462) unha academia dedicada á restauración do pensamento platónico, ao que considerou compatible coas doutrinas cristiás. Desenvolveu unha teoría do amor platónico na que o amor é unha atracción que, desde un plano físico, ascende cara a un plano espiritual, que no seu fin leva o amante ata Deus. Traduciu do latín, entre outros, todos os Diálogos de Platón e as Eneades de Plotino. Das súas obras destacan o Symposium (1469) e a Theologia platonica (1473).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador provenzal e bispo de Toulouse (1205). Coñecido como Folquet, escribiu dezanove composicións. Na súa obra poética amosa unha gran formación latina e un certo coñecemento escolástico, expón os conceptos máis típicos da fin’amors en argumentacións lóxicas, con siloxismos e paradoxos. Dirixía as súas poesías a Afonso I de Catalunya-Aragón, a Guillerme VIII de Montpellier, Ricardo I Corazón de León ou Afonso VIII de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, debuxante e gravador. As súas primeiras obras, acuarelas, paisaxes á augada, retratos e gravados, mostraron xa o interese pola luz. As súas últimas obras, entre outras Los hijos del pintor en el salón japonés (1874), achéganse ao impresionismo pola captación da luz e da pincelada solta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e diplomático sueco. Foi ministro de Estado e secretario xeral da ONU (1953-1961). Morreu en accidente aéreo, cando se encontraba en misión diplomática na República Democrática do Congo. Recibiu, a título póstumo, o Premio Nobel da Paz (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Herbert Marshall McLuhan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie de sondas de exploración automática do planeta Marte, lanzada pola antiga URSS. Eran similares ás sondas Mariner de EE UU, e podían enviar un módulo ata a superficie planetaria, aínda que non tiñan tanta capacidade telefotográfica. A Mars 2 e Mars 3 foron lanzadas en 1971 e ningunha das dúas puido transmitir datos útiles. A Mars 4 e a Mars 5, lanzadas en 1973, enviaron imaxes e datos físicos. A Mars 6 e a Mars 7, lanzadas un mes máis tarde, trataron de depositar un equipo experimental sobre a superficie do planeta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sonda espacial lanzada o 7 de novembro de 1996 pola NASA coa misión de observar a topografía, a gravidade, a atmosfera e o campo magnético de Marte. É a primeira dentro dunha serie de sondas enviadas ao planeta e englobadas no Proxecto Mars Surveyor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sonda espacial lanzada o 7 de abril de 2001 pola NASA coa misión de investigar o clima e a xeoloxía do planeta Marte. En 2002 esta sonda descubriu grandes cantidades de auga xeada baixo a superficie do planeta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sonda espacial lanzada o 4 de decembro de 1996 pola NASA coa misión de tomar mostras da atmosfera, analizar a xeoloxía e tomar datos sobre o réxime de ventos do planeta Marte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mu Palatino; ḥ afa Palatino; ẓ a de Exipto (212.112 km2; 212.000 h [1996]). A súa capital é Marsā Ma Palatino; ṭ rū Palatino; ḥ (52.247 h [1996]).
-
CIDADES
Cidade da provincia de Trapani, situada na illa de Sicilia, Italia (77.013 h [2001]). Correpóndese coa antiga Lylabaeum cartaxinesa (s IV a C). Convertida en porto comercial e estratéxico polos romanos, foi nomeada Marsa Ali (porto de Alí) polos musulmáns. Do seu patrimonio cultural destacan os restos dunhas termas e os mosaicos de época romana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trompetista de jazz estadounidense. Destacou pola súa interpretación de obras clásicas, o que lle valeu para tocar coa Orquestra Filharmónica de New Orleans. Foi membro do cuarteto de Herbie Hancock, e en 1982 formou o seu propio quinteto. Gañou o premio Pulitzer en música polo seu traballo Blood on the Fields (1987) e oito Grammys ao longo da súa carreira. Destacan os seus discos Think of One... (1983), Big Train (1999) e The London Concert (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Financeiro. Fundou a banca J. Marsans i Rof i Fills, que se converteu en Banca Marsans SA en 1919. En 1910 creou unha sección de viaxes que se converteu na axencia Viajes Marsans SA.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. Foi Kapellmeister en Dresde e Leipzig. Encadrado temporalmente entre Karl Maria von Weber e Richard Wagner, compuxo unha vintena de óperas, de estilo romántico, das que destacan Titus (1817), Lukretia (1827), Der Vampyr (O vampiro, 1828) e Hans Heiling (1833).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Evolucionou de posturas testemuñais cara á preocupación formal, tendo sempre como marco das súas obras os ambientes barceloneses da década de 1950. Colabador asiduo co mundo do cine e da música, da súa produción destacan Últimas tardes con Teresa (Premio Biblioteca Breve 1965), levada ao cine en 1984 por G. Herralde; Si te dicen que caí (1973, Premio Internacional de Novela), La muchacha de las bragas de oro (Premio Planeta 1978), levada ao cine por V. Aranda en 1980; Ronda del Guinardó (1984), El amante bilingüe (1990, Premio Ateneo de Sevilla), El embrujo de Shanghai (1993, Premio de la Crítica e Premio Europa de Literatura 1994), levada ao cine por Fernando Trueba; Las mujeres de Juanito Mares (1997) e Rabos de lagartija (2000, Premio de la Crítica 2001), así como o volume antolóxico de relatos Cuentos Completos (2002). Recibiu o Premio Nacional de Narrativa (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Himno patriótico militar composto en 1792 por Claude-Joseph Rouget de Lisle, oficial do exército francés. Cantouse por primeira vez en Marsella, de onde provén o seu nome, nun banquete de carácter patriótico. O 14 de xullo de 1795 converteuse no himno nacional francés polo seu marcado ton republicano e revolucionario.
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Bouches-du-Rhône e da rexión de Provenza-Alpes--Costa Azul, Francia, situada na costa mediterránea, ao pé dun anfiteatro de outeiros calcarios, no golfo de León (807.071 h [2004]). O aumento das funcións portuarias, unido ao gran desenvolvemento industrial das áreas anexas, impulsou un gran crecemento demográfico. As instalacións industriais máis recentes sitúanse nas áreas suburbanas externas e as principais industrias son as petroquímicas, as do aluminio e as do cemento. Fundada cara a 600 a C polos gregos da Focida co nome de ί, aliouse con Roma na Segunda Guerra Púnica, uniuse a Pompeio durante a Guerra Civil e foi capturada e destruída por César (49 a C). Despois da desaparición do Imperio Romano de Occidente (476) pasou a mans dos visigodos, os burgundios e os francos, ata que en 561 se converteu na saída ao mar do Reino de Borgoña. No s IX, converteuse nun vizcondado vasalo do conde de Provenza,...
VER O DETALLE DO TERMO