Marsalis, Wynton

Marsalis, Wynton

Trompetista de jazz estadounidense. Destacou pola súa interpretación de obras clásicas, o que lle valeu para tocar coa Orquestra Filharmónica de New Orleans. Foi membro do cuarteto de Herbie Hancock, e en 1982 formou o seu propio quinteto. Gañou o premio Pulitzer en música polo seu traballo Blood on the Fields (1987) e oito Grammys ao longo da súa carreira. Destacan os seus discos Think of One... (1983), Big Train (1999) e The London Concert (2004).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : New Orleans, Louisiana