"Mauricio" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

  • PERSOEIRO

    Poeta, novelista e crítico literario. Estaba moi influído polo Modernismo; entre as súas obras cómpre destacar o libro de poesía Mitos (1929) e a novela Los terribles amores de Agliverto y Celedonia (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Estudiou arquitectura no seu país e posteriormente ampliou a súa formación en París. Foi profesor na facultade de Arquitectura de Montevideo (1921-1952), onde fundou en 1936 o Instituto de Urbanismo. Entre outras obras, foi autor dun plano urbanístico e do edificio da municipalidade na capital uruguaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e compositor, fillo de Mauricio Farto Parra. Estudiou no Conservatorio da Coruña e profesionalmente foi pianista. Establecido en Ferrol, exerceu a docencia e dirixiu varias orquestras. Compuxo numerosas rondallas e cancións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, musicólogo e director coral. Comezou os estudios musicais no seminario de Valladolid e, posteriormente trasladouse á Coruña para ingresar na Banda do Rexemento de Zamora establecida na cidade. Seguiu a carreira militar, fundou a rondalla Blanco y Negro, dirixiu o orfeón coruñés El Eco, e fundou o orfeón Cantigas da Terra e os coros Queixumes dos pinos e Saudade. Da súa produción destacan as pezas Froleos, Lolita, Foliada de Augasantas, Risas e bágoas, Quer que lle quer, Unha bágoa, Polvorita e Foliada de San Benito de Angoares. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e académico numerario da de Belas Artes da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Taumaturgo da orde franciscana, predicou por Italia e defendeu a devoción do via crucis. A súa festividade celébrase o 26 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘traballo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do latín Mauritius, nome persoal étnico derivado do nome persoal latino Maurus ‘mouro, natural de Mauritania’. Hai quen o considera tamén como unha forma derivada de Moisés, nome de orixe exipcia. San Mauricio de Agaune (s III), segundo a Lenda Dourada xefe da lexión tebana, celébrase o 22 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Xefe da lexión tebana, instalou o seu campamento en Agaune (Valais), actual Saint-Maurice (Suíza) para combater ao N dos Alpes. O Emperador Maximiano deu orde de decimar a lexión por non participar no culto oficial de Roma, e acusados de rebelión militar, oficiais e soldados entregaron as súas armas e deixáronse decapitar sen opoñer resistencia. A súa festividade celébrase o 22 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Stadhouder de Holanda e Zelanda (1585-1625) e de Utrech e Overijssel (1590-1625), fillo de Guillerme I de Orange-Nassau. Foi nomeado presidente do Consello de Estado das Provincias Unidas (1584) e gobernador e capitán xeral (1587). Á fronte das tropas españolas conquistou Breda (1591), Nieuwpoort (1600) e Rhinberg (1601). Opúxose á Tregua dos Doce Anos (1609-1621).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque (1541-1547) e elector (1547-1553) de Saxonia. Loitou xunto a Carlos V ata a Batalla de Mühlberg (1547) para conseguir o título de elector, pero despois uniuse á Liga de Königsberg (1550) e asinou o Tratado de Chambord (1552) con Enrique II de Francia. Apoderouse de Augsburgo e de Innsbruck, provocando a fuxida do Emperador Carlos V. Ao mes seguinte asinou con el o Tratado de Passau (1552).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Oriente (582-602). Combateu os persas en Constantina (581) e, grazas á súa vitoria, Tiberio II escolleuno como xenro e sucesor. Reorganizou a administración do imperio e creou os exarcados de Italia e África. Defendeu Italia contra os longobardos, os ávaros e os eslavos, pero foi derrocado e asasinado por unha sublevación militar, apoiada polo Senado, que nomeou emperador o centurión Focas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Estado de África oriental, situado no Océano Índico, ao L de Madagascar. Comprende as illas Mauricio, Rodrigues e os grupos de Agalega e Saint Brandon, tamén chamados Cargados Carajos (1.865 km2; 2.045 km2 coas súas dependencias; 1.156.000 h [estim 2001]). A capital é Port Louis.
    Xeografía
    De orixe volcánica, o relevo ao longo da costa é montañoso e de fértiles chairas no interior. O clima é monzónico e son frecuentes os tifóns. A base económica é a agricultura, onde destacan os cultivos de cana de azucre, té, tabaco, millo, arroz, legumes, hortalizas, oleaxinosas e froita tropical. Posúe industria de transformación de produtos agrícolas, da madeira, de confección téxtil, unha fábrica de fertilizantes e unha refinería de petróleo. Exporta azucre e subprodutos, confección, té, petróleo e artigos manufacturados.
    Sociedade e goberno

    Diversidade étnica e cultural
    A poboación de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Remeiro. Especialista en doble scull, participou xunto ao asturiano Jaime Ríos nos Xogos Olímpicos de Sydney (2000) e nos campionatos do mundo de Lucerna (2001). Foi campión de España (1999) e dúas veces subcampión (1997 e 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, conde de Saxonia, fillo natural recoñecido (1711) do elector Federico Augusto I de Saxonia. Coñecido como o Mariscal de Saxonia, en 1720 púxose ao servizo do rei de Francia. En 1726 a Dieta de Curlandia proclamouno duque soberano, pero non se puido manter como tal pola oposición rusa e o intento de acceder ao trono que fixo en 1728 e que fracasou. A súa actuación na Guerra de Sucesión de Austria valeulle ser considerado un dos xenerais máis grandes do s XVIII. En 1743 recibiu o título de mariscal de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote. Coñecido como o abade de Vilar e Couto, actuou como guerrilleiro durante a Guerra da Independencia na provincia de Tui. Atacou a cabalaría francesa na ponte de Mourentán (Arbo), participou no sitio de Tui e na reconquista de Vigo e Santiago de Compostela. Foi nomeado xeneral dos patriotas de Miño, cóengo da catedral de Santiago de Compostela e recibiu a Cruz de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO