Mauricio

Mauricio
[ONOM]

Antropónimo masculino que procede do latín Mauritius, nome persoal étnico derivado do nome persoal latino Maurus ‘mouro, natural de Mauritania’. Hai quen o considera tamén como unha forma derivada de Moisés, nome de orixe exipcia. San Mauricio de Agaune (s III), segundo a Lenda Dourada xefe da lexión tebana, celébrase o 22 de setembro.