Mauricio de Agaune, san
Mauricio de Agaune, san
Militar. Xefe da lexión tebana, instalou o seu campamento en Agaune (Valais), actual Saint-Maurice (Suíza) para combater ao N dos Alpes. O Emperador Maximiano deu orde de decimar a lexión por non participar no culto oficial de Roma, e acusados de rebelión militar, oficiais e soldados entregaron as súas armas e deixáronse decapitar sen opoñer resistencia. A súa festividade celébrase o 22 de setembro.