"Mayo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 67.
-
GALICIA
Pintor. Foi o máximo expoñente pictórico do que se coñece como Rexionalismo artístico galego, pero tamén do español, xunto con pintores da categoría de Julio Romero de Torres, Zuloaga, Zubiairre, Anglada, Valle, todos eles influenciados polo coñecido Rexeneracionismo do 98 de corte romántico. En 1892 trasládase a Madrid para iniciar estudios de Dereito e Filosofía e Letras, alternándoos cos de Belas Artes na Real Academia de San Fernando. Ingresou tamén no taller de Manuel Domínguez, pintor de cadros de historia. No 1897 abandonou os estudios de Dereito para dedicarse integramente á pintura, que domina tecnicamente á perfección, o que lle vai permitir obter en 1899 polo seu cadro de contido histórico El anarquista y su familia el día de la ejecución, unha bolsa na Academia de Belas Artes de Roma. Este período de catro anos reforzará nel o seu amor polos clásicos renacentistas e pola mitoloxía, pero tamén lle servirá para viaxar e admirar a arte flamenga do século XVI,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Realizou estudios de pintura na Escola de Belas Artes de San Fernando (Madrid, 1960). Medalla de ouro da Academia Europea das Artes (1996). En 1983 crea en Madrid a Fundación Sotomayor. Realizou numerosas exposicións en diversas cidades como Pontevedra, Pamplona, Londres, etc.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Palencia en 1628, de Burgos en 1631 e de Sigüenza en 1640. En 1636 foi Vicerrei e Capitán Xeneral de Navarra e nove anos máis tarde fíxose cargo do Arcebispado de Compostela. Publicou nesta cidade en 1648 o libro Constituciones sinodales.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída en Lisboa no ano 1914 como Casa Bancária Pinto & Sotto Mayor. Nos primeiros anos adquiriu o Banco Chaves, o Banco Mercantil de Viana do Castelo e fundou ou participou na creación de varias empresas. No ano 1925 transformouse en sociedade anónima de responsabilidade limitada, coa denominación de Banco Pinto & Sotto Mayor. No ano 1960 o Grupo Industrial António Champalimaud entrou no capital do Banco participando na súa dirección. No ano 1975 o BPSM foi nacionalizado conxuntamente con outros Bancos. Por forza da reestruturación do sistema bancario, o BPSM incorporou en 1977 o Banco Intercontinental Português (BIP) e en 1993 foi decretada a reprivatización do capital social do BPSM. No ano 1995 comprou o 50% do capital do Banco Totta & Açores (BTA), que posteriormente ascendeu ao 94%, e comprou o Banco Chemical Portugal propiedade do Chemical Bank dos EE UU. No ano 1998 o Banco Pinto & Sotto Mayor, xunto co Banco Totta & Açores, o Crédito Predial...
-
PERSOEIRO
Debuxante. Foi un dos clásicos do debuxo humorístico británico de situacións socialmente insólitas ou molestas. Foi colaborador da revista Punch. O libro The man who drew the twentieth century (O home que debuxou o século vinte, 1969) é unha antoloxía da súa obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de documentación teatral creado en 1996 na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña cos fondos doados por Francisco Pillado Mayor, entre os que se inclúe un significativo número de textos dramáticos e estudios críticos, amais de importante documentación relacionada coa historia do teatro galego e da literatura dramática. Paralelamente e como complemento necesario para o labor de investigación e divulgación do propio Arquivo, tamén se crearon catro coleccións de textos dramáticos dirixidos por Laura Tato, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Carlos Carrete e Francisco Salinas Portugal, coordinador da Biblioteca-Arquivo e das diversas liñas editoriais. O obxectivo das mesmas é contribuír á recuperación de textos significativos da dramática galega ou á presentación de obras de relevo da literatura dramática universal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín publicado entre maio de 1811 e o 17 de novembro de 1811. Tiña periodicidade irregular. Editábase na imprenta do Sexto Exército.
-
GALICIA
Humanista. Foi catedrático de Gramática na Universidade de Santiago de Compostela e, probablemente, abriu un estudo en Ourense onde tivo como discípulos os poetas Arrojo, Cuquejo e Rojo. En 1565 trasladouse a Lisboa onde puido impartir clases na Universidade de Coimbra. Publicou varias obras en prosa e en verso escritas en latín e asinadas co pseudónimo de Cadalvalus Gravius Calydonis Tydensis. En 1568 publicouse en Lisboa un tomo que incluía catro cadernos con varias das súas obras: Caderno I que recolle Triumphalis tumulus, Epitaphium, dous Encomiasticon carmen e De platano extempore carmen; Caderno II que recolle Branchyologia, Monocolon encomiasticonque carmen e dous Distrophon carmen; Caderno III que recolle Monocolon encomiasticonque carmen e Poeticae comendatio; e Caderno IV que recolle o poema Pithyografia. Ademais escribiu: De obitu et apotheosi invitis. Joan III Lusitaniae et Algarbiorum regis...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica española dirixida en 1956 por Juan A. Bardem e interpretada por Betsy Blair, José Suárez, Yves Massard, Luis Peña e Manuel Alexandre, entre outros. Baseada na obra teatral La señorita de Trevélez de Carlos Arniches e inspirada na longametraxe I vitelloni (Os inútiles, 1953) de Federico Fellini, narra unha relación de amor baseada no engano e non correspondida entre unha solteira de certa idade e un home que acaba de chegar de Madrid. Nela aparece unha crítica á covardía da clase media. Gañou o Premio da Crítica Internacional na Mostra de Venecia.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, regado polos ríos Eresma e Pirón (2.349 h [1996]). A agricultura é principalmente de secaño (cereais, legumes e viña). Ten unha igrexa parroquial gótica de orixe mudéxar, que foi modificada no s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. A súa obra, publicada postumamente en 1611, contén sonetos, cancións e églogas. Da súa produción destacan, sobre todo, a Fábula de Acis y Galatea e o Libro de la erudición poética, primeiro manifesto do culteranismo, onde expuxo a necesidade de crear unha linguaxe poética, culta e hermética.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Licenciado en Dereito, foi profesor de Dereito Político e Constitucional na Universidade de Santiago de Compostela. Foi subdelegado do ministerio de Obras Públicas e Urbanismo na Coruña e xerente da gran área de expansión industrial de Galicia. Senador polo PSOE na lexislatura 1977-1982, ocupou o cargo de tenente de alcalde da Coruña e de alcalde interino tralo cesamento de Domingo Merino. Deputado no Parlamento galego entre 1982 e 1996, formou parte da Asemblea de parlamentarios que aprobaron o Estatuto de Autonomía e da comisión mixta de transferencias da Xunta de Galicia ás deputacións. Pertence ao Consello Consultivo de Galicia. Membro da Asociación de Estudios Galegos, do Seminario de Estudios Galegos, da Asociación Española de Ciencia Política e Dereito Constitucional e da Asociación Española de Estudio do Dereito Europeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Catedrático de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela. Foi director do departamento de Dereito Público e Teoría do Estado e vicedecano da facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. É autor de numerosos artigos dedicados ao estudo da autonomía de Galicia. Recibiu o Premio Vittorio Emanuelle II.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Zizur Nagusia.
-
PERSOEIRO
Poeta. Da súa produción consérvase unha composición premiada nas Festas Minervais de Santiago en 1697, publicada en Fiestas minervales y aclamación perpetua de las musas a la inmortal memoria de D. Alonso de Fonseca El Grande, Arzobispo de Toledo y de Santiago. Año de 1697.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Marqués de Mos, conde de Villanueva de San Bernardo e vizconde do Pegullal. Foi membro da orde militar de Alcántara, cabaleiro de Carlos III, mordomo maior de Carlos IV e administrador do estado de Lemos.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado ao N da provincia, drenado polo río Múrtigas (2.184 h [1996]). O termo está moi accidentado polos contrafortes setentrionais da serra de Aracena. A base da súa economía é a agricultura (oliveiras e cereais) e a gandería (ovina e porcina). Na industria destacan pequenas fábricas de material de construción e embutidos. Poboado dende a época celtibera, acadou a categoría de municipio romano. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo-fortaleza de Sancho o Bravo (s XIII), declarado Ben de Interese Cultural en 1895, e a igrexa de San Miguel Arcángel (ss XV-XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Autor dramático e guionista. Comezou a súa actividade teatral como actor nos grupos Tespis e Compañía Luís Seoane e protagonizou, en 1988, O mozo que chegou de lonxe do Centro Dramático Galego. Como escritor é un dos máis relevantes autores da denominada Xeración dos 90. Aínda que a súa primeira incursión na escrita dramática é Sopa de estrelas, estreada en 1988 pola compañía Salamántiga, seguida de Waterlook, publicada na revista Ólisbos en 1990, deuse a coñecer con Matalobos, Premio Rafael Dieste de Literatura Dramática da Deputación da Coruña no ano 1993, estreada pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago en 1994. Nese ano recibiu o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro por Lugar, aínda que non foi estreada ata o ano 1999 polo Centro Dramático Galego. Estruturalmente complexa, sobre todo no que se refire aos saltos espaciais e temporais, o núcleo argumental da obra xira arredor da historia dun encoro que anega un territorio chamado...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín aparecido en maio de 1811 e que se considera como o primeiro periódico de Lugo. Recibiu diversos epígrafes e denominacións, entre elas: Estado Mayor. 6º Exército. Resultado de las operaciones de este Exército; Quartel General del Exército. Diario de Operaciones del Ejército Español; Boletín del 6º Cuerpo del Ejército. Diario del 6º Cuerpo de Operaciones. Os seus artigos acompáñanse de datos sobre outros corpos do exército e novas sobre recoñecementos e actos de valor e heroísmo dos soldados.
-
GALICIA
Militar. Marqués de Santa Ilduara e vizconde de San Rosendo. Capitán da Garda Real (1837), foi nomeado comandante de húsares de La Habana (1869) e en 1872 primeiro xefe de voluntarios da illa de Cuba. Desde este posto custeou durante tres anos a 30 xinetes voluntarios e os seus cabalos, regalou un armamento completo á academia de cadetes e fundou un escuadrón de 120 cabalos, o que lle valeu a concesión por Real Decreto dos títulos nobiliarios. Foi promotor do establecemento do lazareto de Vigo na illa de San Simón e fomentou o desenvolvemento do porto vigués. Foi condecorado coas cruces de San Hermenegildo, Isabel la Católica, a do Mérito Militar e da Constancia e co título de Comendador de Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO