Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor
Centro de documentación teatral creado en 1996 na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña cos fondos doados por Francisco Pillado Mayor, entre os que se inclúe un significativo número de textos dramáticos e estudios críticos, amais de importante documentación relacionada coa historia do teatro galego e da literatura dramática. Paralelamente e como complemento necesario para o labor de investigación e divulgación do propio Arquivo, tamén se crearon catro coleccións de textos dramáticos dirixidos por Laura Tato, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Carlos Carrete e Francisco Salinas Portugal, coordinador da Biblioteca-Arquivo e das diversas liñas editoriais. O obxectivo das mesmas é contribuír á recuperación de textos significativos da dramática galega ou á presentación de obras de relevo da literatura dramática universal.