bibliotecario -ria

bibliotecario -ria

(< biblioteca)

s

Persoa que ten ao seu cargo a formación, a conservación, a catalogación e o funcionamento dunha biblioteca. Dende Zenódoto de Éfeso, primeiro bibliotecario da biblioteca de Alexandría, ata o s XIX, a atención das bibliotecas adoitaba estar encomendada a persoas que sobresaían nalgún aspecto científico ou literario. Co xurdimento das grandes bibliotecas públicas comezou a recoñecerse o bibliotecario como un profesional, pero non foi ata o ano 1885 cando a Library Association estableceu un sistema de probas para poder obter o título acreditativo. En todo o mundo hai diversas escolas de bibliotecarios.