Cadaval Valladares de Sotomayor, Álvaro
Humanista. Foi catedrático de Gramática na Universidade de Santiago de Compostela e, probablemente, abriu un estudo en Ourense onde tivo como discípulos os poetas Arrojo, Cuquejo e Rojo. En 1565 trasladouse a Lisboa onde puido impartir clases na Universidade de Coimbra. Publicou varias obras en prosa e en verso escritas en latín e asinadas co pseudónimo de Cadalvalus Gravius Calydonis Tydensis. En 1568 publicouse en Lisboa un tomo que incluía catro cadernos con varias das súas obras: Caderno I que recolle Triumphalis tumulus, Epitaphium, dous Encomiasticon carmen e De platano extempore carmen; Caderno II que recolle Branchyologia, Monocolon encomiasticonque carmen e dous Distrophon carmen; Caderno III que recolle Monocolon encomiasticonque carmen e Poeticae comendatio; e Caderno IV que recolle o poema Pithyografia. Ademais escribiu: De obitu et apotheosi invitis. Joan III Lusitaniae et Algarbiorum regis (1565) e In preclarissim (...) (1565 e 1568). En castelán, publicou Rima en honor (...) (1565 e 1566).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Tui -
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela