Melkart
Melkart
[MIT]
Deus masculino da relixión fenicia. Os seus devotos tiveron moita presenza en Israel, e chegaron a construír un templo en Samaria, o que provocou a ira do profeta Elías. Os romanos identificárono con Hércules, e creron que colocara as dúas columnas nos extremos do estreito de Xibraltar. Identifícase habitualmente cunha figura en forma de oso.