Melittis

Melittis
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas, da familia das lamiáceas, caracterizadas por presentaren o labio superior irregularmente dentado e o inferior moi curto. Poden ser de cor branca ou rosada e as flores poden estar dispostas en verticilos. Entre as especies máis coñecidas está M. melissophyllum (herba melisa).