"Mella" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 33.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Verín. As súas armas levan, en campo de azur, unha ovella da súa cor natural.
-
-
Facer ou presentar unha cousa con parecido ou semellanza a outra.
-
Ter aparencia dalgunha cousa ou representar esa cousa.
-
Ter grande semellanza unha persoa ou unha cousa con outra, no aspecto físico ou no moral.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
De cor vermella ou case vermella.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, Marrocos, situada na chaira de Tadla, nos contrafortes do Atlas Medio (140.212 h [1994]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Marrocos (7.075 km2; 870.000 h [estim 1994]). A capital é Beni-Mellal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe feminina infantil protagonista do conto popular do mesmo título. Na versión Le petit chaperon rouge de Perrault, incluída en Contes de ma mère l’Oye (1697), a nena, chamada así pola súa vestimenta, leva nun cestiño agasallos para a avoa; polo camiño atopa o lobo, que a engana co fin de chegar antes á casa da avoa e, así, comelas ás dúas. Na versión dos irmáns Grimm a meniña e a avoa son rescatadas por un cazador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de gasterópodos terrestres de cuncha cilíndrica e translúcida, de ata 2 mm de lonxitude, coas espirais moi marcadas e de cor acastañada. Nas fragas galegas vive a especie C. edentula.
-
GALICIA
Dramaturgo e pedagogo. Dirixiu o colexio do Sagrado Corazón de Ferrol. Colaborou en diversos xornais como La Semana e El Heraldo Gallego, e dirixiu El Correo Gallego. Como dramaturgo, publicou Pilara ou grandezas dos humildes (1920), drama en prosa estreado no teatro Jofre de Ferrol (23.8.1919) por un grupo ferrolán dirixido por Xaime Quintanilla e representado, entre outros, polo cadro de declamación da Irmandade da Fala da Coruña (1920) e o coro Toxos e Froles (1930). Trátase dunha peza de ambiente mariñeiro caracterizada polo seu didactismo e intención anticaciquil. Tamén é autor de Redención por amor, estreada en 1920. Ademais, publicou Escuelas-talleres parroquiales y gratuitas. Cómo se sostendrían en Ferrol (1912) e Catecismo social (1920). O seu poema “A María Pita” recibiu un premio nos Xogos Florais da Coruña (1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorado en Historia pola de Madrid (1953), foi profesor da universidade compostelá (1954-1956) e da de Navarra (1957-1963), antes de gañar a cátedra de Historia de España Moderna e Contemporánea da Universidade de Sevilla (1964). Entre os seus traballos sobresaen: Los primeros pronunciamientos en España (1958), La teoría del régimen liberal español (1962), Las Cortes de Cádiz y la Constitución de 1912 (1963), Cánovas (1965), Historia de la España moderna y contemporánea (1968-1969), Los moderados en el poder (1970) ou La baja edad contemporánea (1970). Obtivo, ademais, o premio Menéndez Pelayo (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional non gobernamental de carácter humanitario fundada en 1863 para auxiliar os militares feridos nas contendas bélicas. Co paso do tempo ampliou o seu ámbito de actuación á asistencia dos prisioneiros de guerra, ás víctimas das guerras civís ou desastres naturais, á atención sanitaria e á axuda a persoas incapacitadas. A súa fundación produciuse na Convención de Xenebra de 1863 baixo a iniciativa de Henry Dunant. Entendeuse como unha organización neutral encargada do coidado dos feridos nos campos de batalla. Os principios da Convención sobre o seu funcionamento aínda seguen en vigor: humanidade, imparcialidade, neutralidade, independencia, carácter voluntario, unidade e universalidade. A creación da Media Lúa Vermella tivo lugar en 1929 como consecuencia da aversión que se tiña nos países islámicos á cruz latina vermella dende os tempos das cruzadas e que nalgúns casos, como na guerra que en 1876 enfrontou a Montenegro, Serbia, Romanía e Turquía, orixinou dramáticas...
-
PERSOEIRO
Ceramista. As súas obras caracterizáronse polas formas simples e as calidades pétreas, entre as que destacan os vasos e as pezas de formas depuradas. Na súa última época realizou placas nas que buscaba os efectos escultóricos e de policromía mediante a aplicación dos esmaltes. Entre os plafóns que elaborou cómpre salientar o que decoraba o pavillón español na feria mundial de Nova York (1962-1964). Entre outros galardóns, recibiu en tres ocasións a Medalla de Ouro da Trienal de Milán (1936, 1951 e 1957) e o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1980.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Deixar de ter semellanza con algo.
-
Deixar de parecerse a outra cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non é semellante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diferencia entre cousas que son desemellantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diferenciarse unha cousa doutra.
-
GALICIA
Artista plástica. Licenciouse na facultade de Belas Artes de Pontevedra (1997) nas especialidades de pintura, deseño e audiovisuais. Recibiu, entre outras, unha bolsa Erasmus e outra da Universidade de Kingston (Londres, 1995). Participou, entre outros, no III Taller Pablo Picasso de Unión Fenosa (A Coruña, 1997). As formas xeométricas (rectángulos, cadrados e trapecios) son unha constante nas súas composicións. A súa obra presenta un entrecruzamento plástico que se forma a partir da transparencia da mancha e de diversas liñas que percorren o lenzo dividindo o espazo e acoutando zonas. Malia a importancia da liña e do círculo, é a cor a que determina o maior poder de suxestión da obra na procura dunha expresividade en certo modo lírica que vai avaliada pola poética que suxiren os títulos. Entre outras obras, destacan Mancha de parto, As teas paridas, Un caserío de 1584. E dous marroquís, As miñas voces preferidas e No interior do meu corpo.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Andalucía, afluente do Guadalquivir pola dereita (103 km). Nace en Sierra Morena e recibe as augas do Guadalbarbo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Formouse na Academia General Militar de Zaragoza (1929) e accedeu ao grao de oficial en 1933. Durante a Guerra Civil formou parte dos servicios de intelixencia dos sublevados e ascendeu a capitán (1938). Comandante dende 1944, ascendeu a tenente coronel en 1957 e a coronel en 1965, cando foi destinado ao Estado Maior Central do Exército. En 1970 ascendeu a xeneral de brigada e integrouse no CESEDEN (Centro Superior de Estudios de la Defensa). Xeneral de división (1973), foi destinado ao Alto Estado Maior como segundo xefe e en 1975 a Ceuta como comandante xeneral. En 1976 foi nomeado capitán xeneral da VII Rexión Militar. Vicepresidente primeiro para Asuntos da Defensa desde setembro de 1976, asumiu o ministerio de Defensa desde setembro de 1977. En 1979 deixou o ministerio e permaneceu na vicepresidencia primeira para Asuntos da Defensa. Durante o intento de golpe de estado de 23 de febreiro de 1981 destacou pola súa actitude decidida diante dos insurrectos. Membro do Consello...
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de San Paio de Araúxo (Lobios). O seu cumio acada os 1.069 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Piloto de motociclismo. Foi campión de España de super-bike (1990) e o primeiro español en conseguir un podio nesta modalidade no campionato do mundo. Foi nomeado Deportista lucense do ano (1990).
VER O DETALLE DO TERMO