"Meri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 322.

  • Oficial público que se encargaba da administración económica, financeira e xudicial dun territorio. O cargo apareceu no s XI e foi abolido polos Reis Católicos. Durante a Alta Idade Media existiu a figura do meiriño maior nas grandes rexións administrativas, como foi o caso de Galicia, León e Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oficial público que se encargaba da administración económica, financeira e xudicial dun territorio. O cargo apareceu no s XI e foi abolido polos Reis Católicos. Durante a Alta Idade Media existiu a figura do meiriño maior nas grandes rexións administrativas, como foi o caso de Galicia, León e Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convenio bilateral, asinado en 1988, para crear unha zona de libre comercio, entre o Canadá e os EE UU. No ano 1992, os dous membros e México acordaron crear a North American Free Trade Agreement (NAFTA), tamén zona de libre comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos negros africanos transportados como escravos a América, dende o s XVI ata o XIX, ou aos seus descendentes. Sobre todo, referido ás formas culturais propias desenvolvidas por eles no continente americano, principalmente nos territorios de Minas Gerais, a costa e unha parte do NL brasileiro, as costas da Güiana, Venezuela, Colombia, Panamá, Nicaragua e Honduras, a totalidade das Antillas e o S dos EE UU.

    2. Conxunto de sistemas relixiosos organizados polos grupos afroamericanos. Ademais dos afrobrasileiros e afrocubanos, seguramente o que máis sona ten é o vudú haitiano. Malia as diferencias de ambiente histórico e cultural das diversas zonas, hai trazos comúns que confirman a existencia dunha cultura básica común procedente da África occidental, podéndose mencionar os seguintes trazos: ritos de posesión, comunicación coas deidades a través de médiums, contacto directo co mundo sobrenatural, o Ser Supremo como deus ocioso, as deidades como vieiros cara a Deus, e unha característica estrutura monoteísta que abrangue un sistema politeísta.

    3. Culturas desenvolvidas en América pola poboación negra de orixe africana. Os factores do seu desenvolvemento dependen de varias causas: a duración dos contactos culturais, o número de escravos pertencentes á mesma rexión de África, a dispersión ou concentración poboacional, a posibilidade de intercambio cultural con África despois da emancipación, o grao de civilización da cultura básica africana, a conversión ao catolicismo ou ao protestantismo, a duración da escravitude, a miscexenación (cruzamento de sangues), o sincretismo e a aculturación.

    4. Música creada en América pola poboación negra de orixe africana. Ao S dos EE UU os negros forxaron unha arte musical popular, de carácter relixioso (jubilee, gospel) e con fondas raizames africanas, ao carón doutra de carácter profano (Blues, cantos de traballo, etc). Esta arte folclórica constitúe o alicerce do jazz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador occitano ao servizo dos señores de Tolosa e de Foix e de Pedro I de Aragón. A súa numerosa produción lírica, adscrita ao trobar rico, destaca pola perfección formal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta (1748), foi Catedrático de Filosofía na Universidade de Cervera. Coa expulsión de España da Compañía de Xesús marchou a Ferrara. Considerado o iniciador da escola ecléctica cerverina, que pretendía anovar a escolástica e o suarismo coas novas tendencias científicas e humanistas. Defendeu, sen embargo, a interpretación escolástica de Aristóteles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crego de orixe francesa, presbítero en Parthenay-le-Vieux, no Poitou e, se cadra, cóengo de Compostela e tesoureiro da súa catedral ao que se lle ten atribuído a autoría do Liber Sancti Iacobi, un códice miniado que se lle atribúe ao Papa Calixto II.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise do tipo de código no que os signos son letras e cifras.

    2. Aplícase aos teclados de maquinas que conteñen signos alfabéticos e numéricos.

    3. Dise da combinación de letras e cifras e ás veces doutros signos que se empregan en informática, para ser utilizada como nome dun documento ou formar unha clave de acceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, na bisbarra de Andarax (3.104 h [1996]). Oliveiras, laranxeiras e vide. Canteiras de mármore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político peruano fundado por Víctor Raúl Haya de la Torre no 1924. Foi concibido nun principio como unha fronte ampla de tipo populista que proxectaba a unidade latinoamericana, pero desde 1927 Haya de la Torre transformou o movemento nun partido de organización monolítica baixo o seu control. Estableceu seccións en Cuba, Perú, México, Costa Rica e Arxentina, pero desde 1931 foi exclusivamente peruano. Visto con hostilidade pola oligarquía e o exército, o APRA venceu nas eleccións dese ano en Perú, pero os resultados foron manipulados por Sánchez Cerro. En 1945 conseguiu tres ministerios no goberno de J. L. Bustamante. Foi perseguido durante o goberno do Xeneral Odría (1948-1956). Alán García, que dirixiu o APRA desde 1982, reconduciu o partido e deulle unha orientación socialdemócrata. En gañando as eleccións de 1985, García asumiu a presidencia do estado, pero nas eleccións de 1990 o APRA foi derrotado pola coalición Cambio 90, liderada por Alberto Fujimori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran canal de irrigación do S de California, EE UU de 129 km de lonxitude. Construído entre o 1934 e o 1940, no marco da política de grandes obras públicas da época do New Deal, comeza no Imperial Dam, no río Colorado, e chega no seu final preto de Calexico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Almería, Andalucía, situada no centro da baía homónima, na desembocadura do río Andarax, á beira da corga de Belén, Amatisteros e El Obispo, e ao pé da serra de Gádor (170.503 h [1996]). Centro administrativo e comercial. É un importante porto de pesca (2% das capturas do estado) e tamén de mercadorías (exportación de froita e minerais). A actividade industrial é pouco importante (química, alimentaria, materiais de construción). Destaca a actividade turística, favorecida pola apertura do aeroporto. Na cidade atópanse barrios antigos de casas baixas e brancas fronte a novas construcións que se espallaron cara ao Andarax e ao porto. O centro da cidade é a porta de Purchena, a partir dela o plano da cidade crece de forma radial. A partir de finais do s VIII dotouse o porto de estaleiros e substituíu a Pechina como centro do comercio entre Al-Andalus, África e Oriente. No 955 foi atacada por unha escuadra siciliana enviada polo Califa fatimí Al-Mu’izz. ‘Abd al-Ra ḥ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura prehistórica do SL da Península Ibérica, definida por Pedro Bosch i Gimpera contra 1920 baseándose nas escavacións feitas polos irmáns Siret na provincia de Almería. Aquí estaría a orixe dos sepulcros de fosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circunscrición administrativa do SL da Comunidad Autónoma de Andalucía (8.774 km2; 455.496 h [1991]). A capital é Almería.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Almería ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Almería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno da existencia de substancias que, a pesar de diferir quimicamente, teñen a mesma forma cristalina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alpes Neozelandeses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONTINENTES

    Continente situado entre 34° 45’ O (no Brasil) e 167° 20’ O (en Alasca, no cabo do Príncipe de Gales) de lonxitude e entre 72° N (83° 20’ N, con Grenlandia) e 54° 5’ S (56°, ata o cabo de Hoorn; 57° S, ata as illas de Diego Ramírez) de latitude (39.937.064 km2; 787.941.000 h [estim 1997]). Está separado do NL de Asia polo estreito de Bering, e do resto, polo océano Pacífico; o océano Atlántico sepárao de Europa e de África (coas illas próximas).
    O relevo e a xeoloxía
    A historia xeolóxica de América do Norte e de América do Sur é diferente: unha, forma parte do continente noratlántico e, a outra, do de Gondwuana, separáronse ambas as dúas ao final do Secundario dos bloques continentais dos que formaban parte. A emerxencia do sector de Panamá, ao final do Terciario, uniu as dúas unidades continentais. En América do Norte pódense distinguir as seguintes unidades morfoestruturais: o escudo canadense, os Apalaches, as grandes concas interiores, as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subcontinente formado pola parte de América comprendida entre os istmos de Tehuantepec, en México, e de Panamá. Os seus límites físicos son, ao N, a cordilleira Neovolcánica, en México, e ao S, o val inferior do Atrato, en Colombia. Comprende as repúblicas de Guatemala, O Salvador, Honduras, Nicaragua, Costa Rica, Panamá, coa Zona do Canal, e Belice. Inclúese, tamén, o rosario de illas antillanas.

    VER O DETALLE DO TERMO