Alianza Popular Revolucionaria Americana

Alianza Popular Revolucionaria Americana
Nome científico: [APRA]

Partido político peruano fundado por Víctor Raúl Haya de la Torre no 1924. Foi concibido nun principio como unha fronte ampla de tipo populista que proxectaba a unidade latinoamericana, pero desde 1927 Haya de la Torre transformou o movemento nun partido de organización monolítica baixo o seu control. Estableceu seccións en Cuba, Perú, México, Costa Rica e Arxentina, pero desde 1931 foi exclusivamente peruano. Visto con hostilidade pola oligarquía e o exército, o APRA venceu nas eleccións dese ano en Perú, pero os resultados foron manipulados por Sánchez Cerro. En 1945 conseguiu tres ministerios no goberno de J. L. Bustamante. Foi perseguido durante o goberno do Xeneral Odría (1948-1956). Alán García, que dirixiu o APRA desde 1982, reconduciu o partido e deulle unha orientación socialdemócrata. En gañando as eleccións de 1985, García asumiu a presidencia do estado, pero nas eleccións de 1990 o APRA foi derrotado pola coalición Cambio 90, liderada por Alberto Fujimori.