"Messina" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano, fillo de escultor. Probablemente, foi discípulo de Colantonio en Nápoles -non en Flandres como adoita dicirse-, onde entrou en contacto coa pintura da Escola Flamenca, da que asimilou a técnica da pintura ao óleo, que logo difundiu por Italia; a preferencia pola perspectiva lineal, as composicións verticais e a sobrevaloración do detalle (Políptico de San Gregorio do Museo de Messina).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo, xeógrafo e historiador grego. Formouse en Atenas, no Liceo de Aristóteles, onde se relacionou con Teofrasto e estudiou temas vinculados coa moralidade. Membro da escola peripatética, dentro da súa concepción filosófica a alma é o resultado da harmoniosa organización do corpo, así como a política o é da síntese harmónica de democracia, aristocracia e monarquía. Destacou como xeógrafo e cartógrafo; elaborou o primeiro método xeométrico para determinar a medida da circunferencia da Terra, que estableceu en 54.000 km. Posteriormente, cando deseñou un planisferio no que representaba o mundo coñecido polos gregos da época, rectificou os seus cálculos e determinou a circunferencia en 39.600 km. Unha das achegas máis transcendentais da súa cartografía foi a xeoreferenciación segundo un eixe de coordenadas; no seu planisferio trazou dúas liñas, unha horizontal que levou dende o estreito de Xibraltar ata o Cáucaso polo Peloponeso e Anatolia, e unha vertical perpendicular a aquela que pasaba...
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, situada no NL da illa de Sicilia, Italia (236.621 h [2001]). A cidade emprázase, en forma de anfiteatro, sobre unha baía do estreito de Messina. A actividade do seu porto, noutros tempos importante, redúcese ao transporte de viaxeiros á península. Antiga Zancle, fundada por piratas de Cumas, pasou ao poder dos samnitas e, no s V a C, dos mesenios, que lle deron o nome actual. En 289 a C, foi conquistada polos marmetinos, que na loita contra os cartaxineses, pediron axuda aos romanos, que tomaron a cidade e se converteron nos seus aliados. Dominada desde 468 polos vándalos e, posteriormente, polos ostrogodos, foi conquistada (531) por Belisario. Dominada polos árabes (842) e polos normandos (1061), en 1282 tomou parte nas Vésperas Sicilianas. Do seu patrimonio cultural destacan a necrópole romana (ss II-III) e diversos templos cristiáns, a catedral a igrexa da Annunziata dei Catalani (s XI) e a de Santa Maria la Cattolica, situada sobre un panteón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Sicilia (3.248 km2; 641.753 h [2001]). A súa capital é Messina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia internacional que se celebrou o 1 de marzo de 1955 en que participaron os ministros dos sete países pertencentes á Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA). Estableceron as bases para o Tratado de Roma (1957).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo de mar que separa Sicilia da Península Itálica e comunica os mares Tirreno e Xónico. Supuxo sempre un perigo para a navegación, que se reflectiu na mitoloxía cos monstros Caribdis e Escila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francesco Maurolico.