"Mezonzo" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilasantar baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san Pedro de Mezonzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Vilasantar. Pertenceu ao antigo mosteiro beneditino do mesmo nome, que fundara o abade Reterico sobre os restos aquitectónicos doutro, chamado mosteiro de Mosontio. En 870 doouse ao Rei Afonso III e no s X reedificouno san Pedro de Mezonzo. En 995 pasou a depender de Santa María de Sobrado e no s XV cesou a súa actividade. A igrexa, de estilo románico, ten planta basilical con tres naves, conserva capiteis dos ss VI e VII, as bóvedas non se remataron e presenta cuberta de madeira a dúas augas na nave central. A cabeceira destaca pola súa ornamentación ao exterior, coas tres capelas da ábsida a diferentes alturas. Foi declarada Ben de Interese Cultural (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Curtis 930? - Santiago de Compostela 1003?) Relixioso. De nome Pedro Martínez Exioniz, foi abade dos mosteiros de Santa María de Mezonzo, Santa María de Sobrado dos Monxes (955) e San Paio de Antealtares (974). Confidente de san Rosendo, foi bispo de Iria (985-1003?). En 997 refuxiouse no Tambre cando os musulmáns arrasaron Santiago de Compostela e mandou evacuar da cidade as reliquias do Apóstolo Santiago, entre outros bens de valor. Impulsou a reconstrución material e espiritual da cidade tras a marcha de Almanzor e puido ser o autor de Salve Regina. A súa festividade celébrase o 10 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO