Mezonzo, Santa María de

Mezonzo, Santa María de

Igrexa parroquial situada en Vilasantar. Pertenceu ao antigo mosteiro beneditino do mesmo nome, que fundara o abade Reterico sobre os restos aquitectónicos doutro, chamado mosteiro de Mosontio. En 870 doouse ao Rei Afonso III e no s X reedificouno san Pedro de Mezonzo. En 995 pasou a depender de Santa María de Sobrado e no s XV cesou a súa actividade. A igrexa, de estilo románico, ten planta basilical con tres naves, conserva capiteis dos ss VI e VII, as bóvedas non se remataron e presenta cuberta de madeira a dúas augas na nave central. A cabeceira destaca pola súa ornamentación ao exterior, coas tres capelas da ábsida a diferentes alturas. Foi declarada Ben de Interese Cultural (1931).