"Mileto" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
PERSOEIRO
Poeta grego. Atribúenselle as seguintes obras A etiópida e A destrución de Ilión, poemas épicos que abordan o ciclo de Troia partindo de onde o deixa A Ilíada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor grego de época Helenística ao que xa dende a Antigüidade se lle atribuíron as Milesíacas. Refundidas ao latín por L. Cornelio Sissenna, influíron en Ovidio, Petronio e Apuleio. Só se conservan fragmentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pensador grego. Discípulo de Anaxágoras, continuou a orientación da escola xónica. A tradición faino mestre de Sócrates, debido a que se ocupaba xa de cuestións morais.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo grego. Discípulo e sucesor de Euclides de Megara á fronte da escola de Megara, atribúeselle a invención dun certo número de paradoxos da lóxica, entre outros, o do mentireiro, o do cornudo, o do oculto e o do calvo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e xeógrafo grego. Discípulo de Anaximandro, foi autor dun tratado de xenealoxías míticas, no que fixo unha interpretación racionalista dos mitos, tradicións e crenzas gregas, e do Περίοδος γ ῆ ς ou Περι ή γησις (‘Periexesis’ ou ‘Viaxe ao redor do mundo’) no que se describe a Terra como un disco rodeado polo océano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e teórico do urbanismo grego. Precursor de Platón na elaboración das teorías políticas do estado, intentou sistematizar a edificación das cidades con planimetrías regulares. Semella que trazou o plano do Pireo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeómetra. Traballou como arquitecto xunto con Antemio de Tralles na construción de Santa Sofía de Constantinopla, consagrada en 537. Houbo outro mestre coñecido como Isidoro o Novo, que reconstruíu a cúpula de Santa Sofía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Asia Menor que está situada na desembocadura do río Meandro. Entre os ss XIII e XIV a C poboárona colonos gregos que procedían de Ática e Beocia, e nos ss VIII e VI a C adquiriu o máximo desenvolvemento grazas á importancia do comercio e da exportación de la e cerámica. Foi un dos lugares máis destacados da civilización grega coa súa escola filosófica. Conquistárona os persas, recuperouna Alexandre o Grande (334 a C) e pasou ás dinastías dos ptolomeos, dos seléucidas e dos atálidas, que a fixeron prosperar. Integrouse no Imperio Romano en 78 a C e foi un centro importante do cristianismo a finais do s VII, cando se produciron as invasións musulmás. Conserva restos arqueolóxicos destacados, como a ágora, o teatro romano e outros edificios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola filosófica presocrática fundada en Mileto. Os seus membros esforzáronse en probar o principio único de onde proveñen todas as cousas substituíndo os mitos sobre a orixe do Universo por unha explicación física e material. Tales considerou que este principio primeiro era a auga que, mediante un proceso de condensación, se convertía en terra, aire e lume. Anaximandro indentificou o elemento primitivo co ilimitado (‘ά), entendido como a materia infinita susceptible de producir sempre seres novos, e Anaxímenes considerou o aire como o principio de todas as cousas.
-
PERSOEIRO
Pensador grego. Foi o primeiro representante da escola naturalista de Mileto e considerouse tradicionalmente como un dos sete sabios de Grecia. Orientouse cara ao estudo dos fenómenos naturais e atribuíronselle diversas proposicións de xeometría elemental, como o teorema que leva o seu nome. Rexeitou as explicacións míticas da orixe do mundo e atribuíu unha orixe natural a todo, co convencemento de que detrás dos fenómenos cambiantes hai un principio común e esencialmente invariable. Considerou a auga como principio de todas as cousas.
VER O DETALLE DO TERMO