Mileto, escola de
Mileto, escola de
Escola filosófica presocrática fundada en Mileto. Os seus membros esforzáronse en probar o principio único de onde proveñen todas as cousas substituíndo os mitos sobre a orixe do Universo por unha explicación física e material. Tales considerou que este principio primeiro era a auga que, mediante un proceso de condensación, se convertía en terra, aire e lume. Anaximandro indentificou o elemento primitivo co ilimitado (‘ά), entendido como a materia infinita susceptible de producir sempre seres novos, e Anaxímenes considerou o aire como o principio de todas as cousas.