Mileto
Antiga cidade de Asia Menor que está situada na desembocadura do río Meandro. Entre os ss XIII e XIV a C poboárona colonos gregos que procedían de Ática e Beocia, e nos ss VIII e VI a C adquiriu o máximo desenvolvemento grazas á importancia do comercio e da exportación de la e cerámica. Foi un dos lugares máis destacados da civilización grega coa súa escola filosófica. Conquistárona os persas, recuperouna Alexandre o Grande (334 a C) e pasou ás dinastías dos ptolomeos, dos seléucidas e dos atálidas, que a fixeron prosperar. Integrouse no Imperio Romano en 78 a C e foi un centro importante do cristianismo a finais do s VII, cando se produciron as invasións musulmás. Conserva restos arqueolóxicos destacados, como a ágora, o teatro romano e outros edificios.