"Minia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 24.

    1. de aluminiar.

    2. Que foi sometido a unha operación de aluminaxe.

    3. Efecto da operación de aluminaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cubrir cunha capa de aluminio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina de Arminius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partidario da doutrina de Arminius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santa Minia de Brión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica de Herminio/Herminia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Cultivou a poesía e o xénero dramático, e colaborou en publicacións da época como Lar ou Terra con títulos como “Ilusión”, “Pétalos líricos” ou ”Vida truncada”. Da súa produción destacan Cadencias (1922), Hosanna: bajo el cielo porteño (1931), Por España y para España! El libro del combatiente. (1937), Seara (1924), Margarida a malfadada e O soldado froita e outros diálogos e monólogos. No eido da literatura dramática é autora do drama Margarida a malfadada, do diálogo cómico O soldado Froita e outros diálogos e monólogos e da zarzuela en tres actos O avarento, con música de José Jané.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga vía romana construída por Caio Flaminio Nepote no 220 a C que, procedente de Roma, atravesaba a Umbria e a partir de Fano seguía a costa adriática ata Rimini. Foi restaurada por Augusto e Vespasiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e violinista italiano. Estudiou con Corelli e A. Scarlatti en Roma. En 1714 viaxou por Inglaterra, onde conseguiu éxitos como violinista e publicou un dos primeiros métodos de violín. Residiu en París, onde estreou o ballet La forêt enchantée (1754). Deixou sonatas para violín e clave e concerti grossi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe discutida. Segundo algúns investigadores ten unha orixe xermánica, formado de *ermin- ‘grande, forte, poderoso’ e, segundo outros, procede de Ermin, semideus nórdico. Para algúns deriva do latín *Erminius ‘armenio’ ou de Herminius, nome dun guerreiro troiano da Eneida. Presenta as variantes Erminio/Erminia. Levan este nome os santos Herminio de Laon (ss VII-VIII) e Herminio de Lobbes, celebrados o 25 de abril; e a abadesa alemá santa Herminia, celebrada o 25 de agosto ou o 24 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Menosprezo público por unha conduta ou unha acción infame.

    2. Cousa que avergonza.

    3. Acción vergonzosa ou humillante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Redución extrema das dimensións e do peso dos dispositivos e os compoñentes electrónicos, co fin de facilitar o uso en lugares onde se dispón de pouco espazo (satélites artificiais, foguetes ou proxectís autopropulsados). Esta técnica deu lugar á microelectrónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que ten a súa orixe no latín Minia, talvez forma feminina de Minius, de orixe incerta, quizais etrusca. Tamén evoca o nome latino do río Miño (Minius) que máis dunha vez se ten relacionado co minium ‘cinabrio’, ‘minio’. Presenta o hipocorístico Meniña. A súa difusión é recente e débese a santa Minia de Brión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Roma 362) Mártir romana. Déuselle morte baixo o imperio de Xuliano, e os seus restos foron sepultados nas catacumbas de Santa Inés. En 1804 o seu cadáver foi exhumado e en 1848, un emigrante da Amaía, Luís Tobío, retornou a Galicia traendo consigo as reliquias. Nun principio foron depositadas na sancristía da igrexa parroquial de San Fins de Brión, para posteriormente trasladalas a un templo dedicado á súa honra. Iconograficamente representase como unha rapaza nova vestida co traxe das doncelas patricias. É a patroa de Brión. A súa festividade celébrase o 26 e o 27 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pintar con minio.

    2. Pintar miniaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obxecto ou cousa que presenta un tamaño moi reducido.

      1. Pintura de tamaño moi pequeno. Orixinariamente, o termo facía alusión ás iluminacións que, realizadas con minio, se empregaban para realzar as letras maiúsculas nos códices; desde o s XVII vinculouse coa palabra ‘diminuto’, relacionado con todo tipo de iluminación de manuscritos, e posteriormente identificouse coa pintura de pequeno tamaño, especialmente co retrato destinado a medallóns e cos debuxos de obxectos. Estilisticamente está desvinculada da miniatura propia dos manuscritos e presenta, pola contra, estreitas relacións coa pintura. Moitos pintores realizaron miniaturas, entre os máis detacados están os británicos I. Oliver, S. Cooper e R. Cosway (s XVIII), o francés J. Petitot, o italiano R. Carriera e F. de Liaño e F. A. Meléndez na Península Ibérica. A súa decadencia comenzou coa aparición da fotografía (s XIX).

      2. Pintura de figuras pequenas ou ornamentos feita sobre pergamiño ou papiro empregada na ilustración de importantes obras relixiosas ou profanas. Está técnica desenvolveuse en Bizancio, no Occidente cristián, na India budista e na Persia islámica. Un dos primeiros exemplos que se conserva data de 1900 a C: o Libro dos Mortos. A Ilíada pita (s V) é un dos manuscritos gregos máis antigos, con traballos que seguían a tradición romana. A pintura bizantina tivo un período de produción brillante entre os ss X e XIII, entre os seus códices destaca a Xénese de Viena (s VI). En Irlanda do Norte e Inglaterra as miniaturas foron importantes, nelas as tradicións célticas dominaron sobre as achegas clásicas mediterráneas e deixaron pezas como o Libro de Durrow (s VII) ou o Libro de Kells (s VIII). Na Europa de culto latino foron escasas durante a Alta Idade Media; as dúas pezas máis importantes da época foron o Salterio Ashburnham e a Biblia Amiatina. Aproximadamente por estas datas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica a pintar miniaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de miniaturizar.

    2. Redución, por razóns de necesidade ou de comodidade, das dimensións dos aparatos electrónicos. Primeiro os tubos electrónicos de baleiro foron substituídos polos transistores; despois apareceron os circuítos integrados monolíticos, e por último impúxose a integración a grande escala (VLSI). Segundo a redución fálase de subminiaturización ou de microminiaturización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pintar miniaturas.

    2. Producir obxectos ou mecanismos de tamaño reducido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Antonio Rosmini Serbati ou á súa congregación.

    2. Membro ou seguidor do Instituto da Caridade, congregación relixiosa fundada por A. Rosmini Serbati en 1828 e aprobada por Gregorio XVI en 1839. Dedícase ao ensino e ao coidado de orfos.

    VER O DETALLE DO TERMO