"Miranda" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 25.

  • GALICIA

    Realizou os seus primeiros estudios no Seminario de Mondoñedo, que abandonou para ingresar no exército. No 1840 desertou e marchou a Madrid, onde traballou como redactor de El Huracán. No 1842 foi elixido deputado a Cortes pola provincia de Lugo pero abandonou o posto polos acontecementos políticos de 1843 e marcha a vivir a Sevilla. Pouco despois obtivo a cátedra de Latín do Instituto de Bilbao, cargo que ostentou ata que no 1854 foi nomeado Cónsul Xeral en Anveres, dende onde foi trasladado a Veracruz no 1856 onde morre. Como escritor publicou Fragmentos bélicos de la terrible lucha de los siete años (1842), o poema histórico El Hijo de María (1852), e dous volumes titulados Glorias de Sevilla, en armas, letras, ciencias, artes, tradiciones, monumentos, edificios, caracteres, costumbres, estilos, fiestas y espectáculos (1859), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político de Viveiro. Foi alcalde en 1867 e xefe do partido conservador durante os primeiros anos da Restauración. Foi deputado nas cortes (1876-1881). Recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comunidade autónoma de Asturias, drenado polo Pigüeña, afluente do Narcea (2.456 h [1996]). Situado nun terreo moi accidentado, a economía é basicamente gandeira, cunha actividade centrada no bovino de orientación láctea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Adscrito á escola barroca madrileña, inicialmente se dedicou á pintura relixiosa e realizou os frescos da igrexa de San Antonio dos Portugueses, do Palacio Real de Madrid, da catedral de Toledo, así como diversas versións de La Inmaculada. En 1671 foi nomeado pintor de cámara e especializouse no retrato. Influído por Velázquez e Van Dyck, a súa pintura caracterízase pola serenidade, a elegancia e a pincelada vigorosa. Entre as súas obras destacan os retratos de Carlos II e da raíña Mariana, do duque de Pastrana (1670) e do embaixador ruso Ivanovič Pot’omkin, e entre as súas últimas creacións, diferentes retratos de bufóns da corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Óptico. Licenciouse en Ciencias Físicas e Exactas na Universidad de Madrid en 1934 e doutorouse, xa rematada a Guerra Civil, na mesma universidade en 1943. En 1945 obtivo a cátedra de Óptica. Desenvolveu de forma simultánea a docencia e a investigación, que centrou na termoloxía, na electricidade, no magnetismo e nas estruturas cristalinas. Descubriu, xunto con J. M. Otero Navascués, a miopía e a presbicia nocturnas. Foi director xeral de Enseñanzas Técnicas, director do Instituto de Estudios Nucleares, presidente da Real Sociedad Española de Física y Química, cofundador e vicepresidente da Junta de Energía Nuclear, membro do Comité Científico Técnico da Comisión Nacional de Investigacion del Espacio e asesor do Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica. Trala súa xubilación en 1983 dedicouse á elaboración do Vocabulario Técnico y Científico publicado pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales en 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Duque de Fernández Miranda. Catedrático de Dereito Político, desempeñou diversos cargos na educación, como director xeral de Ensino Universitario e delegado nacional de Cultura y Formación del Movimiento. Ministro secretario xeral do Movemento desde 1969 e vicepresidente do Goberno entre xuño de 1973 e xaneiro de 1974, a partir de decembro de 1975 ocupou a presidencia das Cortes e do Consello do Reino, desde onde propiciou a Lei de Reforma Política e o nomeamento de Adolfo Suárez como presidente do consello de ministros. Abandonou os seus cargos un mes antes das eleccións de xuño de 1977 e foi senador por designación real desde 1979. Entre os seus escritos cómpre salientar La justificación del Estado (1946) e Estado y Constitución (1975). Foi distinguido co Toisón de Oro e condecorado coas cruces do Mérito Civil e de Alfonso X el Sabio, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Santalla (Samos) e Seceda (Folgoso do Courel). O seu cumio acada os 900 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da ría de Ares, situada en fronte da punta que leva o seu nome, na parroquia e concello de Ares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira dereita da ría de Ares, situada entre a punta de Cruz e a de Promontoiro, na parroquia e concello de Ares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do N de Venezuela (7.950 km2; 2.607.160 h [estim 2000]). A capital é Los Teques. Distínguense tres sectores ben diferenciados: ao N a Cordillera de la Costa, no centro o val do Tuy e ao S a Serranía del Interior. A cana de azucre, o cacao, o millo e os froitos tropicais son os produtos agrícolas máis importantes. Posúe industrias alimentarias, téxtiles, de plásticos e de derivados da madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Mondoñedo-Ferrol que abrangue o concello da Pontenova e parte dos de Riotorto e Trabada. Está formado por 17 parroquias matrices e 3 anexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite de Urano, o máis interior e pequeno do planeta, descuberto por G. K. Kuiper o 16 de febreiro de 1948. Xira a unha distancia media do centro do planeta de 135.000 km. A súa órbita é case perfectamente circular e ten un grao de inclinación de 97° 59’ respecto á de Urano. O seu diámetro é duns 400 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva por armas, en campo de goles, cinco bustos de doncelas da súa cor, os cabelos de ouro soltos, cargadas no peito con cadansúa cuncha de vieira de ouro, colocadas en aspa; en orla, dúas serpes con alas, de sinople, entrelazados aos seus colos en xefe e as colas na punta do escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, atravesado polo río Ebro (35.925 h [2001]). É un centro comercial de cereais, vide, patacas e froita, de industrias metalúrxicas, químicas, alimentarias, téxtiles e un importante nó ferroviario. Do seu patrimonio cultural destaca o castelo medieval e a catedral, realizada en estilo románico e finalizada no s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Foi rexedor da súa vila natal ao tempo que compoñía versos en castelán e latín. En 1697 presentouse ás Festas Minervais de Santiago de Compostela, onde gañou cun soneto. Escribiu o texto manuscrito Teatro de los prelados de la Iglesia de Mondoñedo (1730).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciouse en Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela (1978). Ligado desde a súa adolescencia á poesía, a partir de 1988 dedicouse á escrita de relatos e novelas para adultos. Co tempo especializouse en literatura de tradición oral e colaborou con Antonio Reigosa e Xoán R. Cuba. Froito desa colaboración tirou do prelo Contos marabillosos (1998 e 1999), Dicionario dos seres míticos galegos (1999), Contos de maxia (2000), Pequena mitoloxía de Galicia (2001), Contos fantásticos (2001), Contos colorados (2001), Contos de animais (2001), Cando os animais falaban: cen historias daquel tempo (2002), Contos de encantamento (2002) e Contos prodixiosos (2004). No campo da literatura infantil destacan Lúa e os nubeiros (2000), O coello Federico (2000) e Feitizo (2002). Preocupado por unha narración clara e sinxela para o lector, onde os elementos fantásticos se integran con naturalidade no cotián, das súas novelas e libros de relatos cómpre salientar Historia dun paraguas azul...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e xornalista. En 1953 instalouse en Bos Aires e vencellouse á cultura galega. En 1957 fundou co seu home Xosé Neira Vilas a editorial Follas Novas. Instalados en Cuba (1961), traballou con Alejo Carpentier na redacción de Pueblo y cultura (1961) e máis tarde como coordinadora nacional de edición de libros para nenos. Foi xefa de redacción do semanario Pionero e cofundadora das revistas infantís Zunzún e Bijirita. Residente en Galicia co seu home desde 1992, traduciu ao galego a obra de poetas latinoamericanos. Vicepresidenta da Fundación Xosé Neira Vilas, publicou contos en castelán como Becados, Relatos y anécdotas de niños vietnamitas, Lidia tiene un cocuyo, Vietnam y tú, La primera aventura, Pepe Martí, Cuando Che era Ernestito, La casa nueva de mis abuelos e Treinta días en Vietnam; e en galego Mitos e lendas da vella Grecia (1983), Os contos de Compay Grilo (1989), Pardela amiga (1990), A primeira aventura (1991), A casa dos títeres (1993), Cantarolas (1995) ou A cama, a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Colaborador de Madrid Cómico e fundador de Madrid Alegre, estivo tamén vinculado á redacción de El Liberal, onde popularizou a sección “Versos prosaicos”. Publicou Mi niña (1910), Mi dulcinea (1913), La caída de Isabel II (1914), Rosas de pasión (1914), El oso blanco (1915) e Juegos malabares (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santeles (A Estrada). Trátase dun edificio rectangular de pedra, con dous andares e coa bodega e a corte na planta baixa. Destaca o seu escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO