Miranda, Anisia
Escritora e xornalista. En 1953 instalouse en Bos Aires e vencellouse á cultura galega. En 1957 fundou co seu home Xosé Neira Vilas a editorial Follas Novas. Instalados en Cuba (1961), traballou con Alejo Carpentier na redacción de Pueblo y cultura (1961) e máis tarde como coordinadora nacional de edición de libros para nenos. Foi xefa de redacción do semanario Pionero e cofundadora das revistas infantís Zunzún e Bijirita. Residente en Galicia co seu home desde 1992, traduciu ao galego a obra de poetas latinoamericanos. Vicepresidenta da Fundación Xosé Neira Vilas, publicou contos en castelán como Becados, Relatos y anécdotas de niños vietnamitas, Lidia tiene un cocuyo, Vietnam y tú, La primera aventura, Pepe Martí, Cuando Che era Ernestito, La casa nueva de mis abuelos e Treinta días en Vietnam; e en galego Mitos e lendas da vella Grecia (1983), Os contos de Compay Grilo (1989), Pardela amiga (1990), A primeira aventura (1991), A casa dos títeres (1993), Cantarolas (1995) ou A cama, a bolboreta e o paxariño (1998). Recibiu o Premio Nacional de Literatura para nenos “Ismaelillo” da Unión de escritores de Cuba, tres premios nacionais de teatro para nenos en Cuba e a Orde da Amizade concedida polo goberno de Vietnam.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ciego de Ávila, Cuba