"Miro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 89.

  • PERSOEIRO

    Poeta brasileiro romántico. Acadou un grande éxito co poemario Primaveras (1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, médico e xornalista catalán. Afiliado á Unió Socialista de Catalunya, ingresou en Estat Català, do que foi director na clandestinidade durante a Ditadura de Primo de Rivera. Participou no Pacto de San Sebastián (agosto de 1930). Interveu na constitución de Esquerra Republicana de Catalunya. Proclamada a Segunda República Española, foi alcalde de Barcelona (1931-1933). Ministro durante a Guerra Civil dos gobernos de Largo Caballero e de Negrín. No ano 1939, exiliouse en Francia, pasando a México no 1941. Entre outras obras escribiu Catalunya i la revolució (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo profesional. Máis coñecido como Delmi Álvarez. Traballou dende o ano 1983 nos xornais La Región e A Nosa Terra, e a partir de 1984 no periódico El País, en Madrid. Anos máis tarde, participaría tamén como fotoxornalista no Diario de Galicia, na axencia Cover, tamén en Madrid, en El Mundo de Galicia e en El Ideal Gallego.
    Deu conferencias ao longo de todos estes anos en numerosos institutos de Galicia, na Universidade de Santiago de Compostela, na de Vigo e na facultade de ciencias sociais da Universitat de Barcelona. Así mesmo, participou na I e II Fotobienal de Vigo e en numerosas exposicións individuais e colectivas por toda Galicia, España e Portugal. Viaxou por todo o mundo (Canadá, EE UU, México, Nicaragua, Cuba, Venezuela, O Brasil, Arxentina, Francia, Gran Bretaña,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo antropónimo galego composto polos elementos xermánicos ans ‘Deus’ e mirus ‘sonado, célebre’. Deste nome vén o topónimo Ansemil e, se cadra, tamén Ansemar. Non hai ningún santo con este nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do xermánico Erchanmir, composto de ercan ‘nado libre, nobre’ e mers ‘ilustre, brillante’. Segundo outra teoría podería vir tamén de Harjis-meris ‘exército famoso’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monxe do que se conta que foi martirizado en Córdoba polos mouros. A festa de santo Arximiro celébrase o 28 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vimianzo baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Chantada. Románica do s XII, ten unha soa nave e unha ábsida rectangular. No testeiro atópase unha pequena ventá semicircular con columnas acobadeladas nas xambas. O arco triunfal é semicircular peraltado, elevado sobre semicolumnas pegadas. A nave ten unha cuberta de madeira a dúas augas mentres que a ábsida se cobre cunha bóveda de canón da mesma directriz que o arco triunfal. A portada principal e a sur están formadas por unha dobre arquivolta semicircular sostida por columnas acobadeladas nas xambas. A espadana é do s XVIII. A tradición conta que a igrexa se erixiu en lembranza dunha batalla librada no s IX entre Ramiro I e os normandos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante e compositor. Coñecido como Teo Cardalda, foi compoñente do grupo Golpes Bajos, xunto con Germán Coppini, na década dos anos oitenta. En 1983 formou o grupo Cómplices con María Monsonís. Colaborou con artistas e compositores de música rock e pop como José María Cano, Antonio Vega, Jaime de Urrutia, David Summers e os irmáns Urquijo. Realizou a banda sonora para a serie Nada es para siempre. En solitario gravou o disco Uno (1997) e entre os seus traballos discográficos co grupo Cómplices destacan Manzanas (1983), Ángeles Desangelados (1989), La Danza de la ciudad (1990), Está llorando el sol (1991), Preguntas y flores (1993), Básico (1994), Cousas de meigas (1999) e Cómplices (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e músico. Estudiou a carreira de perito e profesor mercantil, e realizou estudios musicais na Coruña. Foi arquiveiro e bibliotecario na Asociación Musical Andrés Gaos e director da coral Galicia Nova. Como musicólogo publicou, entre outros traballos: Música popular galega e coros no ano 70 (1971), O romance popular galego e a nosa música (1972) e Dúas músicas galegas: a popular e a popularizada (1972). Escribiu a música para a peza de Manuel Lourenzo Edén, representada pola Escola Dramática Galega en 1980, e realizou a adaptación teatral de Paco Pixiñas e A nave espacial, sobre textos de Celso Emilio Ferreiro e Isaac Díaz Pardo para O Facho (1977), en colaboración con Xosé Manuel Rabón. Tamén traduciu varias obras: Conto dos cinco camiñantes, de I. García para Tespis (1979) e O retábulo da peste, de I. Bergman para O Facho (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor portugués. Diplomouse na Escola de Belas-Artes do Porto no ano 1968, onde despois exerceu como profesor. Recibiu unha bolsa da Fundação Calouste Gulbenkian e ampliou estudios na Saint Martin’s School of Fine Arts de Londres entre 1971 e 1973. A súa obra, de tendencia abstracta, céntrase na experimentación sobre os metais e a pedra, e no tratamento dos volumes. Entre os seus galardóns sobresaen o Gran Premio de Escultura de Vila Nova de Cerveira (1982) e o Premio de Escultura da Fundação Calouste Gulbenkian (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor. Comezou a súa carreira en Barcelona, onde   contactou coa nova cançò catalana. O seu repertorio incluía cantares de cego, poemas de autores como C. E. Ferreiro -por exemplo, María Soliña-, ou cantigas de Afonso X o Sabio. Deu recitais por toda a Península e en Francia. Formou parte do grupo Voces Ceibes e a finais da década dos setenta formou o grupo Doa, no que foi cantante e instrumentista. No eido teatral, compuxo a música para as pezas Entremés famoso sobre da pesca no río Miño (1973), Zardigot (1974) e Os vellos non deben de namorarse (1977). Na súa discografía destaca: Ti Galiza (1977), cos textos das cancións traducidos por vez primeira a todas as linguas oficiais de España, e Treboada (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ramiro Casabella López .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome de orixe eslava que procede da forma Kazimierz ‘grande no mando’, logo alterada en Kazimir ‘que destrúe a paz’. Na fin do s XVIII espallouse por todo o Occidente coa forma latinizada Casimirus. Houbo dous santos polacos de familia real que levaron este nome: san Casimiro (1458-1484), gran duque de Lituania, que se celebra o 4 de marzo, e san Casimiro (1609-?), patrón de Polonia e dos xastres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Grande (Kowal, Cuiavia 1309 - Cracovia 1370) Rei de Polonia (1333-1370), fillo de Ladislao I. Puxo fin ás guerras contra a orde teutónica (Paz de Kalisz, 1343) e contra Xoán de Bohemia, que aspiraba á coroa polaca (Tratado de Višegrad, 1335). Reformou a lexislación polaca, fundou hospitais e colexios, e creou a Universidade de Cracovia en 1364.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Polonia (1444-1492). Da familia dos Jagellons, sucedeu o seu irmán Ladislao III. En 1440 foi elixido gran duque de Lituania. Entrou novamente en guerra coa orde teutónica, coa que asinou a Paz de Thorn en 1466, que lle valeu a posesión da Prusia occidental, mentres que a oriental quedaba baixo a súa vasalaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Polonia e gran duque de Lituania, fillo de Casimiro IV de Polonia e de Isabel de Habsburgo, tivo como preceptor a Xoán Dlugloss, o célebre cóengo de Cracovia coñecido como Loginos. Cando o seu irmán maior Ladislao foi nomeado rei de Bohemia, converteuse en herdeiro directo da coroa polaca. Durante a ausencia de seu pai ocupouse da gobernación de Polonia "2 Stone Sans";"2 Stone Sans"; ( 1481-1483 "2 Stone Sans";"2 Stone Sans"; ) . O Papa León X declarouno beato e Adriano VI decretou a súa canonización en 1522. Escribiu poesías latinas dedicadas á Virxe. Na arte iconográfica leva manto e coroa principesca e, como atributos persoais, unha azuzena, símbolo da súa pureza, e unha pluma de ave, símbolo do seu labor literario; ás veces, leva tamén un lirio na man e unha coroa aos pés para reflectir a súa renuncia a loitar pola coroa de Hungría. É patrón de Lituania e a súa festividade celébrase o 4 de marzo. "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Polonia. Logo de casar coa viúva de seu irmán, chegou a ser coroado rei en 1648. Non obstante , en 1669 decidiu abdicar para entrar no mosteiro parisino de Saint Germain-des-Prés, onde chegaría a cardeal. Na arte iconográfica leva unha coroa e un cetro real tirados aos seus pés, como símbolo da súa renuncia á dignidade real. É patrón de Polonia e dos xastres. "2 Stone Sans";"2 Stone Sans";

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei merovinxio (511- 524), fillo de Clodoveo I. Herdou o territorio comprendido entre os ríos Loire e Garonne, con capital en Orléans. Venceu os burgundios no 523, pero, un ano despois, estes apresárono e executárono.

    VER O DETALLE DO TERMO