"Moçambique" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de oposición á dominación portuguesa xurdido en Moçambique en 1962 da fusión de varias organizacións independentistas. Dirixiu as actividades nacionalistas e en 1964 lanzou a súa ofensiva guerrilleira. Dende o golpe de estado portugués de abril de 1974, iniciou negociacións co goberno portugués e en setembro de 1974 formou parte dun goberno de transición. Trala independencia (1975) constituíuse como partido único.
-
ENTRADA LARGA
Estado de África meridional que limita ao N con Tanzania, ao L co Océano Índico, ao S con Swazilandia e a República Sudafricana, ao O con Zimbabwe e Zambia e ao NO con Malawi (799.380 km2; 17.587.000 h [estim 2001]). A capital é Maputo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O sector N e NL é o máis accidentado, dominado por altiplanos, con altitudes que superan os 2.000 m. Máis ao N está a serra Namúli e o lago Niassa, polo centro do cal pasa o límite NO de estado co territorio de Malawi. O clima presenta unha estación cálida e chuviosa, na época do monzón do norte, e outra fría, que dura de abril a setembro. Os ríos máis importantes son o Zambeze, o Save e o Limpopo. A vexetación predominante ten carácter de sabana con árbores e de selva seca. Hai tamén galerías de bosque húmido.
Xeografía económica
A agricultura é a principal ocupación, onde o 4% do territorio está adicado aos cultivos. Os produtos principais son a cana de azucre,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Paso marítimo do Océano Índico que separa a illa de Madagascar da costa do SL de África, fronte a Moçambique. A anchura máxima é de 850 km e a mínima de 450 km.