Frente de Libertação de Moçambique

Frente de Libertação de Moçambique
Nome científico: [FRELIMO]

Movemento de oposición á dominación portuguesa xurdido en Moçambique en 1962 da fusión de varias organizacións independentistas. Dirixiu as actividades nacionalistas e en 1964 lanzou a súa ofensiva guerrilleira. Dende o golpe de estado portugués de abril de 1974, iniciou negociacións co goberno portugués e en setembro de 1974 formou parte dun goberno de transición. Trala independencia (1975) constituíuse como partido único.