Frente Farabundo Martí para la Liberación Nacional
Frente Farabundo Martí para la Liberación Nacional
Nome científico:
[FMLN]
Fronte guerrilleira de El Salvador fundada en 1980 coa finalidade de establecer un réxime democrático. En 1992 chegou a un acordo co goberno, pero o conflito continuou ao non cumprirse o programa de transferencias das terras e de compensacións dos ex-combatentes. Coa intervención dos denominados escuadróns da morte o enfrontamento converteuse nunha guerra civil. En 1994 celebráronse as primeiras eleccións tralo conflito, nas que se presentou convertido xa en partido político. Nas eleccións do 2000 acadou a maioría dos votos.