Frente de Juventudes
Frente de Juventudes
Organización xuvenil da FET de las JONS instituída en 1940 para asegurar a formación e disciplina da xuventude. Con carácter obrigatorio para os alumnos de ensino primario e secundario, educou a xuventude masculina no aspecto político -baseándose na doutrina da Falange Española-, deportivo e militar, e a xuventude feminina na iniciación ao fogar. Desapareceu en 1960 a raíz da fundación da Organización Juvenil Española (OJE).