"Mongolia" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • ENTRADA LARGA

    Estado de Asia central, situado entre Rusia, ao N, e China ao L, ao S e ao O (1.569.600 km2; 2.416.000 h [estim 2001]). A súa capital e Ulan Bator.
    Xeografía física

    Mongolia ocupa o centro dun mar desecado. O N e o O están formados por unha serie de altiplanos esteparios atravesados por cordilleiras montañosas como os montes Altai, Khangaj e Tannu-Ola. É unha rexión con grandes depresións lacustres, onde nacen os ríos Ienisei, Selenge e Orkhon. A meirande parte do S e o L está ocupada polo deserto de Gobi. O clima é continental extremo, cunha ampla oscilación térmica diaria e estacional no N e no O, e desértico e semidesértico no L e no S. O bosque de coníferas aparece só nas altas montañas, o resto son estepas e deserto no S.
    Xeografía económica

    Dentro da economía socializada e planificada de Mongolia, a gandaría é a principal actividade (carne de gando ovino, bovino, caprino, cabalar, peles, leite e la)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zizhiqu de China situado na rexión de Nordés (1.200.000 km2; 23.760.000 h [2000]). A capital é Hohhot. É unha rexión árida interrompida por desertos de area e pedras (contrafortes do Gobi) e por prados e bosques ao NL (nas ladeiras do Khingan). O centro está atravesado polo gran meandro do curso medio do Huang He. O seu clima é rigoroso. A escasa poboación é predominantemente mongol, e dedícase á gandaría nómade. Os cultivos son limitados: cebada, trigo, millo, remolacha azucreira e soia no regadío e millo miúdo e kaoliang no secaño. Despois de seguir as vicisitudes históricas de Mongolia, pero con máis vinculacións con China, despois de 1930 apareceu un forte movemento autonomista como reacción á explotación e á colonización chinesa. Despois da Segunda Guerra Mundial, a China Popular creou a rexión autónoma da Mongolia Interior e colectivizou as súas terras.

    VER O DETALLE DO TERMO