"Monroy" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Militar. Oitavo conde de Oropesa (1621), marqués de Jarandilla e de Villar, e conde consorte de Alcaudete. Lugartenente de València (1645-1650), durante o seu mandato celebrouse a derradeira Corte Xeral do Reino de València (1645). Posteriormente foi Vicerrei de Sardeña (1650-1651), e dende 1651, Embaixador en Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Profesor. Procedente da Escuela Normal de Zaragoza, en 1902 accedeu á Escola Normal Superior de Mestres de Pontevedra. En 1910 trasladouse a Alacant e, sete anos máis tarde, volveu a Pontevedra, cidade onde desenvolveu unha intensa actividade pedagóxica. En 1918 foi nomeado profesor de física, química, historia natural e agricultura da Escuela Normal de Valladolid. En 1902, a Revista del Profesorado Hispano-Americano encargoulle un traballo sobre o problema da coeducación, reproducido tamén en El Noticiero Gallego. Participou no Certamen Pedagógico de Santiago de Compostela (1906) e, ao ano seguinte, no Certamen Social y Literario de Pontevedra, no que se premiou o seu traballo La Instrución Pública en Galicia. Lo que existe, lo que debe existir, datos estadísticos de Escuelas, maestros, analfabetos, etc. No 1908 formou parte da comisión técnica da xunta provincial de Instrución Pública que debatía as memorias presentadas polos mestres relativas aos locais escolares....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guillerme Alonso Monroy.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Foi prior da orde dominicana en Nueva España e arcebispo de Santiago de Compostela desde 1685. Apoiou de forma constante a Carlos II e logo a Filipe V durante a Guerra de Sucesión Española (1702-1714). Converteuse nun destacado mecenas do Barroco compostelán, realizando importantes doazóns á catedral e a San Domingos de Bonaval. Das construcións feitas baixo o seu mecenado destacan a capela do Pilar da catedral, as obras do pórtico da Quintana, iniciadas en 1695, e a restauración de San Domingos de Bonaval. Fóra de Santiago de Compostela, sufragou a reconstrución das colexiatas de Iria Flavia e da Coruña, así como o palacio arcebispal de Pontevedra. En 1710 publicou Pastoral.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Monroy, foi un dos fundadores do movemento artístico Atlántica (1980). Licenciado en Ciencias Económicas, iniciouse no mundo das artes de maneira autodidacta. Clasificado como expresionista puro, destacou polo emprego dun intenso cromatismo, cunha lixeira tendencia ao barroquismo e o trazo groso, rápido e nervioso, co que tendía a insinuar as formas. Nas súas pinturas advírtense as influencias da obra de Matisse e De Kooning, que coñeceu durante as súas viaxes a París (1974) e Nova York (1980). Destacan os lenzos Dous homes con peto (1981), Ventá (1982) e a serie Escribas (1982).
VER O DETALLE DO TERMO