"Morón" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

    1. Esparexer ou revolver a borralla.

    2. emborrallar.

      1. Derrubar un noiro, valado ou calquera construción.

      2. Botar ao chan aquilo que estaba ordenado ou xunto.

      1. Derrubarse un noiro, valado ou calquera construción.

      2. Caer ao chan aquilo que estaba ordenado ou xunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da Arxentina, situada ao NL da provincia de Bos Aires, a 26 km do centro de Bos Aires (641.541 h [1991]). Co crecemento da capital nacional pasou a formar parte da súa área metropolitana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado preto das serras Subbéticas e regado polo Guadaira (27.710 h [2001]). É un centro agrario con cultivos de cereais e oliveiras e de gando bovino, porcino e de la, con industrias derivadas. As canteiras tamén favoreceron o desenvolvemento da fabricación de materiais de construción (cemento e xeso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor. Director da produtora Articket. Comezou cantando na Escolanía da Catedral de   Santiago, para estudar logo solfexo e guitarra. Foi un artista predisposto a abordar unha arte urbana, cun folk de estilo progresivo con influencias psicodélicas. Formou parte de Voces Ceibes pouco antes de se desfacer como colectivo. Membro da   Sociedad General de Autores, do xurado dos Premios da Crítica e dos Premios Reconquista, desde a década de 1990 dedícase á produción musical. Da súa discografía en solitario cómpre salientar Estamos chegando ao mar (1976), Alcabre (1978) e Aluminio (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Ecuador (33.930 km2; 113.300 h [2001]). A súa capital é Macas (18.459 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado ao N da parroquia do Tameirón (A Gudiña). O seu cumio acada os 1.020 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Comores, situada en illa Grande Comore (34.168 h [1995]). É o centro administrativo, económico e eclesiástico de Comores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi discípulo de Moretto de Brescia e un dos precursores da pintura realista do s XVII en Lombardia. Traballou en Bérgamo e destacou como retratista. Pintou Coronazione della Madonna na igrexa da Trinità e os retratos Il sarto e Dama italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos morónidos.

    2. Peixe da familia dos morónidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos perciformes, moi próxima á dos serránidos, pero dos que se diferenza por presentar sempre dúas aletas dorsais, a primeira delas formada por radios espiñosos, o preopérculo dentado e unha coloración gris dominante. Son bos nadadores e habitan nas costas rochosas, nas praias e nos portos, así como nas augas salobres dos esteiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor xaponés. Iniciado nos estilos cortesáns kano e tosa, despois de instalarse en Edo, foi un dos primeiros creadores do estilo burgués e cidadán ukiyo-e (1660?). Pintou temas amorosos en xilografías, estampas e ilustracións para libros cunha linguaxe onde predominan a lírica flexible, o clímax erótico e a pulcritude compositiva.

    VER O DETALLE DO TERMO