"Moreda" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
GALICIA
Economista e político. Licenciouse en Ciencias Económicas e Empresarias pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores das Xuventudes Socialistas, PSOE e UGT en Galicia, membro da Comisión Executiva Federal do PSOE e responsable da política autonómica (1981-1987). Concelleiro da Coruña desde 1987, encargouse da área de Urbanismo (1995) e ocupouse da coordinación do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (1998). Tamén foi vicepresidente da comisión de Urbanismo da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e membro do seu consello federal. Foi deputado a Cortes pola Coruña da I a V lexislaturas (1979-1996) e Senador na VI (1996-2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Especializouse en pintura, cerámica e gravado, e desde 1966 realizou numerosas exposicións individuais e colectivas. Ilustrou a novela de Paco de Tano, Unha xanela ao bío (2003) e da súa obra destaca Martelo bermello.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Canabal (Sober). Ten planta rectangular que evoca a unha torre. Noutro corpo máis baixo, no primeiro andar, sobre o arco de entrada, está situada a solaina que imprime certa lixeireza ao conxunto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Taboada. Diferéncianse dous corpos, dos que destaca o da dereita, que alberga a torre. Este ten tres alturas e accédese a el mediante unha porta de arco de medio punto. A vivenda está construída en cachotaría e destaca a cheminea. Puido ter un cárcere no soto. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Moreda (Monforte de Lemos). Realizouse entre os ss XIII e XV, formou parte do recinto medieval da cidade, e converteuse nun símbolo do poder dos condes de Lemos nesas terras. Destaca a torre da homenaxe, que se realizou en cantaría, con planta cadrada e catro andares que lle conferiron unha altura próxima aos 30 metros. Ten unha escaleira de acceso á parte superior, con remate ameado, desde a que se divisa todo o val de Lemos. No interior acolle unha exposición de mobles restaurados que doou o doutor X. López Suárez. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Canabal (Sober). Datada no s XV, ten planta en L da que sobresae outro corpo que alberga a torre (s XV), de planta rectangular, que forma esquina. Está construída en cachotaría de granito e destaca o arco de entrada encadrado por dúas columnas de cachotaría e a palleira posterior ao conxunto.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Pantón. Pertenceu a un antigo priorado do mosteiro de Samos ata 1835, e correspondeuse quizais co de San Xiao de Moreda, documentado xa no s X. De estilo románico, o templo data do s XII e ten unha soa nave e ábsida rectangular. Destaca o arco triunfal de medio punto apoiado sobre pilastras.
VER O DETALLE DO TERMO