Moreda, casa-torre de

Moreda, casa-torre de

Construción situada en Taboada. Diferéncianse dous corpos, dos que destaca o da dereita, que alberga a torre. Este ten tres alturas e accédese a el mediante unha porta de arco de medio punto. A vivenda está construída en cachotaría e destaca a cheminea. Puido ter un cárcere no soto. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.