Moreda, fortaleza de

Moreda, fortaleza de

Construción situada en Moreda (Monforte de Lemos). Realizouse entre os ss XIII e XV, formou parte do recinto medieval da cidade, e converteuse nun símbolo do poder dos condes de Lemos nesas terras. Destaca a torre da homenaxe, que se realizou en cantaría, con planta cadrada e catro andares que lle conferiron unha altura próxima aos 30 metros. Ten unha escaleira de acceso á parte superior, con remate ameado, desde a que se divisa todo o val de Lemos. No interior acolle unha exposición de mobles restaurados que doou o doutor X. López Suárez. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.