"Moya" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou con Carme Pinós i Desplat. Foi o director do Departamento de Proxectos da Stödelschule de Frankfurt. Autor do proxecto da Cidade Universitaria da Universidade de Vigo, no campus de Vigo, das súas obras destacan a escola La Llauna de Badalona, o cemiterio de Igualada e as instalacións olímpicas de tiro con arco en Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado ao N da illa de Gran Canaria, ata onde se estenden as formacións montañosas do centro (8.137 h [2001]). Os recursos principais da súa economía son a agricultura e a gandaría, que se complementan con industrias derivadas, certa presenza de turismo e algunhas actividades artesanais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe galega que se estendeu por toda a Península e América.
-
PERSOEIRO
Tenista. Debutou no circuíto profesional en 1995 e conseguiu máis dunha vintena de títulos individuais, dos que destacan os torneos de Monte-Carlo e Roland Garros en 1998. Foi o primeiro español (1999) en conseguir o número 1 na clasificación da ATP e formou parte da selección española que se proclamou campioa da Copa Davis en 2000. Recibiu a medalla de ouro ao Mérito Deportivo (1999) e foi escollido como Mellor Xogador Europeo pola ATP (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Serra Leoa, situado na provincia Meridional (6.902 km2; 250.514 h [1985]). A súa capital é Moyamba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. De ideas avanzadas, evolucionou cara a ideas máis moderadas. Foi ministro de Fomento cos gobernos de Francisco Lersundi Hormaechea (1853), de Narváez Campos (1856-1857) e de Lorenzo Arrazola García (1864). En 1857 decretou a Lei de Instrución Pública, coñecida como Lei Moyano, que estableceu a obrigatoriedade do ensino primario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei de Instrución Pública que se promulgou o 9 de setembro de 1857, cando Claudio Moyano Samaniego era ministro de Fomento, e que estivo vixente ata 1945. A súa formulación é a dunha lei de bases en que se recollen uns principios fundamentais coa intención de evitar así un debate parlamentario sobre cuestións que podían resultar de máis difícil consenso. É unha norma ecléctica produto dunha encrucillada histórica que logrou sintetizar medio século de iniciativas político-educativas. De aí que os seus alicerces se encontren no Regulamento de 1821, no Plan do Duque de Rivas de 1836 e no Plan Pidal de 1845. Compendio e resumo de todas as anteriores, tentou harmonizalas conseguindo un estimable equilibrio entre as posicións de moderados e progresistas. Esta característica peculiar pode explicar, quizais, a súa vixencia ao longo dos ss XIX e XX. A súa base lexislativa recolle os principios de obrigatoriedade administrativa, uniformidade, secularización e liberdade minguada. Tamén pon de manifesto...
-
PERSOEIRO
Político e eclesiástico. Foi retor da Universidad de Salamanca (1787), deputado por Extremadura ás Cortes Generales (1810) e presidente da comisión encargada da elaboración da constitución nas Cortes de Cádiz. Defensor da liberdade de imprenta e da abolición da Inquisición, foi encarcerado por orde de Fernando VII (1815). Tras a sublevación de José del Riego (1820), foi liberado e elixido deputado (1822), pero coa restauración do absolutismo tivo que exiliarse en Portugal (1823), onde tamén foi perseguido polas súas ideas liberais.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Copiloto de rallyes. Entre os anos 1988 e 2003 disputou con Carlos Sainz o campionato do mundo, título que conseguiu en 1990 e 1992. En 2003 converteuse no director deportivo de Subaru Rally Team.
VER O DETALLE DO TERMO