Moyá Llompart, Carlos

Moyá Llompart, Carlos

Tenista. Debutou no circuíto profesional en 1995 e   conseguiu máis dunha vintena de títulos individuais, dos que destacan os torneos de Monte-Carlo e Roland Garros en 1998. Foi o primeiro español (1999) en conseguir o número 1 na clasificación da ATP e formou parte da selección española que se proclamou campioa da Copa Davis en 2000. Recibiu a medalla de ouro ao Mérito Deportivo (1999) e foi escollido como Mellor Xogador Europeo pola ATP (2002).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Palma de Mallorca