"Muñís" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 34.
-
VER O DETALLE DO TERMO
comunismo libertario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina e actitude de oposición ao comunismo. As doutrinas socialistas, comunistas ou internacionalistas inquedaran dende o momento mesmo do seu enunciado no segundo terzo do s XIX ás clases que detentaban o poder e resultaban beneficiadas do sistema económico capitalista (ou mesmo, nalgúns países, feudal), sendo sempre os seus partidarios vixiados e reprimidos polos servicios de información e policía dos estados. Tralo triunfo da Revolución Bolxevique en Rusia (1917) e o establecemento dunha nova orde segundo as teorías marxistas nese país, no seo do movemento socialista produciuse unha nova secesión que deu orixe á Terceira Internacional e á aparición dos comunistas como tales, cun proxecto que propugnaba a toma do poder e o establecemento da ditadura do proletariado como vía cara á sociedade sen clases. O exemplo de Rusia espallouse axiña por Europa e América e provocou revoltas en Alemaña, España e outros lugares que provocaron a reacción dos gobernos das potencias capitalistas. A...
-
-
Relativo ou pertencente ao anticomunismo.
-
Partidario do anticomunismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido comunista da India que se conforma como a terceira forza política do país. Fundouse en 1964 como escisión do Partido Comunista (1920), co obxectivo de defender os dogmas revolucionarios marxistas-leninistas e a súa concreta aplicación ás circunstancias da India derivadas do imperialismo, da emerxencia dunha burguesía dominante e da explotación dos terratenentes. Desde 1998 o seu secretario xeral é Harkishan Singh Surjeet.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido comunista nepalí que se conforma como a segunda forza política do país, onde gobernou en dúas ocasións. Creouse en 1949, durante os movementos insurreccionais contra o réxime autocrático Rana. Desde 1988 integrou a totalidade das forzas políticas da esquerda nepalí e engadiu ao seu nome as palabras marxista-leninista unificado. O seu obxectivo principal é a consecución dunha democracia popular multipartidista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido comunista estadounidense fundado en 1921 por John Reed. Careceu, ao longo da súa historia, de representación política relevante; isto non impediu que se presentase como unha alternativa de mobilización no sistema político norteamericano. Os seus principios básicos son o pleno emprego, a redución fiscal, a integración racial, a defensa da clase traballadora fronte ás grandes corporacións empresariais, a redución dos gastos militares e a creación dun sistema de saúde público e universal.
-
-
Doutrina que, co emprego do materialismo histórico como ferramenta analítica, postula as condicións de emancipación do proletariado e a súa concreción nun sistema social novo que, baseado na propiedade colectiva dos medios de produción, implica o fin da explotación do home polo home (a sociedade sen clases) e a desaparición dos estados coercitivos. Tanto Marx e Engels como os teóricos posteriores, manifestaron a necesidade de elaborar unha teoría de análise rigorosa da realidade social para desenvolver unha práctica revolucionaria, polo que defenderon a necesaria coherencia entre marxismo, materialismo histórico e comunismo.
Fundamentos teóricos do comunismo
De Platón ao socialismo utópico: primeiras propostas igualitarias
Tense atribuído a Platón a primeira exposición do ideal comunista. Non obstante , na República, xunto co Político ou as Leis un dos libros no que expón a súa teoría política, mostra como a cidade... -
Etapa da política económica do goberno bolxevique que seguiu ao período de capitalismo de Estado desde 1918 ata 1929. Deu paso á chamada Nova Política Económica ou NEP, a causa da dislocación económica que se produciu. Entre as súas realizacións cómpre sinalar a nacionalización total da produción, a supresión do mercado organizado e a instauración dun monopolio estatal, a centralización total da xestión industrial, a instauración do traballo obrigatorio e a militarización en certos sectores.
-
Corrente e principio económico do anarquismo, coñecida tamén como anarquismo comunista ou anarcocomunismo, que combate todo tipo de propiedade, tanto privada como colectiva. Diferénciase do colectivismo polo seu desexo de que no socialismo cada persoa reciba segundo as súas necesidades (e non segundo o seu traballo), sen máis limitación ca a do desenvolvemento da economía, e que pide a cada persoa as máximas contribucións segundo as súas limitacións físicas e morais. Xurdiu ao redor dos últimos congresos da Primeira Internacional. Entre 1877 e 1882 impúxose dentro do anarquismo pola evolución de boa parte dos que ata entón eran colectivistas. En 1877, o Arbeiter Zeitung de Berna elaborou uns estatutos dun Partido Anarquista Comunista de Lingua Alemana. En 1880, o congreso da Federación do Jura declarouse abertamente anarcocomunista. No Estado español, unha corrente minoritaria da Federación de Traballadores da Rexión Española seguiu esta orientación, especialmente en Andalucía....
-
Modo de produción rexido pola apropiación comunal do traballo excedente. Caracterízase pola inexistencia de clases e estados (o que implica a ausencia da política), polo que a articulación da sociedade se establece entre os niveis económico e ideolóxico. O concepto, establecido por Marx e Engels, en oposición ao comunismo, foi analizado por antropólogos marxistas posteriores, como Dupré, Meillassoux, Rey, Terray ou Testart.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao comunismo.
-
Que ou quen é partidario do comunismo ou membro dun partido desta ideoloxía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen oculta a súa condición comunista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente xurdida a mediados da década dos sesenta do s XX entre os partidos comunistas da Europa mediterránea. Defendía a necesidade dunha nova estratexia de instauración do comunismo, adaptada ao capitalismo avanzado, na que o predominio da clase media non permitise aplicar os esquemas clásicos do marxismo, a loita de clases e a toma revolucionaria do poder. Renunciaba á ditadura do proletariado, aceptaba o pluralismo democrático, o pacto con outras forzas progresistas e a independencia respecto á URSS. Difundírono sobre todo Enrico Berlinguer e Santiago Carrillo.
-
-
Relativo ou pertencente ao eurocomunismo.
-
Partidario do eurocomunismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política de carácter trostkista, organizada en Galicia dende finais de 1930 coa denominación inicial de Federación Gallega de Grupos de la Organización Comunista de España. Integrou un reducido círculo de traballadores e intelectuais das cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense e dalgunhas vilas como Padrón, Ribeira ou Noia. Rebautizada en 1932 como Izquierda Comunista de España (ICE), dos seus membros destacan aos irmáns Granell, C. Fernández Mazas e E. Fernández Sendón, L. Fersen, un dos principais teóricos do seu voceiro Comunismo. A finais de 1935, fusionouse co Bloc Obrer i Camperol (BOC) para conformar o Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político de ámbito español xurdido entre 1972 e 1973 dunha escisión da Liga Comunista Revolucionaria. Vinculada ao trotskismo, rexeitou a reforma política democrática comezada polo goberno de Adolfo Suárez. En 1978, un sector reunificouse na Liga Comunista Revolucionaria (LCR) e, en 1980, o resto da organización integrouse no Partido Obrero Socialista Internacionalista (POSI).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político de ámbito nacional vinculado ao trotskismo fundado entre 1970-1971 a partir do grupo catalán Comunismo. Despois da separación da Liga Comunista (1972), fusionouse con ETA-VI Asamblea, unha escisión obreirista, o que lle deu unha especial implantación en Euskadi (1973). Nos comicios de xuño de 1977 impulsou a coalición da Frente para la Unidad de los Trabajadores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación obreira secreta e internacional fundada en 1847 que tiña como obxectivos a dominación do proletariado e a supresión da sociedade burguesa. Presidida por Karl Schapper, F. Engels foi o seu secretario. O seu programa Principios do comunismo, redactado por Engels, transformouno, xunto con Marx, no Manifesto Comunista (1848), o que significou o abandono do socialismo utópico. Disolveuse pola represión exercida sobre o movemento obreiro despois do Proceso de Colonia de 1852.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno grupo político español fundado en 1973 por elementos separados do grupo Comunismo. Como sección española do Comité Internacional da IV Internacional e trotskista, defendía un programa ultrarradical, baseado nunha república soviética de campesiños e obreiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manifesto do Partido Comunista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Marx e Engels publicada en Londres pouco antes da revolución de 1848. Foi redactada a petición da Liga dos Comunistas e converteuse no programa da Primeira Internacional. A obra está dividida en catro partes. A primeira, “Burgueses e proletarios”, analiza a evolución histórica da humanidade e enuncia o principio da unidade de clases como motor da historia. A segunda parte, “Proletarios e comunistas”, expón a función dos comunistas como destacamento da clase obreira na súa loita contra a burguesía, para abolir a propiedade privada dos medios de produción, e a revolución das relacións humanas en todos os seus niveis. A terceira parte, “Literatura socialista e comunista”, é unha crítica dos diferentes tipos de socialismo aparecidos na historia, divididos en reaccionarios, pequeno burgueses, conservadores burgueses e críticos utópicos. A cuarta parte está dedicada á estratexia e á táctica dos partidos comunistas diante da revolución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político que se fundou en Galicia en xaneiro de 1976. Tivo a súa orixe no Movimiento Comunista formado en Euskadi en 1966. Defendeu a autogobernación galega nun discurso marxista e socialista, e pretendía unha revolución social que acabase coa dominación burguesa e establecese unha Galicia soberana. En 1976 integrouse no Consello de Forzas Políticas Galegas e aínda que expuxo textos para a formación do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia, non se presentou nas primeiras eleccións galegas (1981) por non estar legalizado. Editaba a publicación Galicia en Loita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político xurdido en 1966 dunha escisión obreirista de ETA (ETA berri), que en 1969 se transformou en Movimiento Comunista Vasco (Komunistak), e en 1972 converteuse no Movimiento Comunista de España (MCE). Adscrito ao marxismo-leninismo, propugnou a loita revolucionaria para acadar unha república popular e democrática, que recoñecese o dereito de autodeterminación das nacionalidades e reivindicase a independencia de Euskadi. Minoritaria dentro de CC OO, ten unha destacada presenza nas loitas sectoriais, das que destaca a defensa do feminismo, o pacifismo, os barrios, os homosexuais ou o ensino.