Manifesto do Partido Comunista ou Manifesto Comunista

Manifesto do Partido Comunista ou Manifesto Comunista
[POLÍT]

Obra de Marx e Engels publicada en Londres pouco antes da revolución de 1848. Foi redactada a petición da Liga dos Comunistas e converteuse no programa da Primeira Internacional. A obra está dividida en catro partes. A primeira, “Burgueses e proletarios”, analiza a evolución histórica da humanidade e enuncia o principio da unidade de clases como motor da historia. A segunda parte, “Proletarios e comunistas”, expón a función dos comunistas como destacamento da clase obreira na súa loita contra a burguesía, para abolir a propiedade privada dos medios de produción, e a revolución das relacións humanas en todos os seus niveis. A terceira parte, “Literatura socialista e comunista”, é unha crítica dos diferentes tipos de socialismo aparecidos na historia, divididos en reaccionarios, pequeno burgueses, conservadores burgueses e críticos utópicos. A cuarta parte está dedicada á estratexia e á táctica dos partidos comunistas diante da revolución.

Palabras veciñas

manifesto -ta | manifesto -ta | Manifesto Comunista | Manifesto do Partido Comunista ou Manifesto Comunista | Manifesto Groc | Manifiesto de la Federación de Realistas Puros | Manifiesto de los Persas