manifesto -ta
manifesto -ta
(< lat manifestu)
-
Manifesto do Partido Comunista.
-
adx
Que se ve ou se aprecia con claridade, sen que haxa lugar a dúbida.
Ex: Houbo unha intención manifesta de causar dano.
-
adx
[RELIX]
Aplícase ao Santísimo Sacramento cando se expón para a adoración dos fieis.
-
s
m
-
Documento en que un goberno, partido ou grupo dá a coñecer unha ideoloxía, idea, pensamento ou propósitos.
Ex: Todos os intelectuais asinaron un manifesto en defensa da liberdade de prensa.
-
FRAS: Deixar/pór/quedar de manifesto. Mostrar algo claramente.
[DER/MAR]
Documento que o capitán dun barco debe presentar na aduana, no que consta a relación da carga polo miúdo.
-
Escrito en que se manifesta ou declara algo.
Ex: Deu a coñecer o seu manifesto poético.
-
Frases feitas
-
Deixar/pór/quedar de manifesto. Mostrar algo claramente. Ex: Deixou de manifesto a súa postura.