"NOT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 284.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anfíbolo de calcio, de fórmula Ca2Mg5 Si8O22(OH)2. Cristaliza no sistema monoclínico; os cristais son prismáticos ou aciculares, de exfoliación perfecta, de cor branca, gris ou de diferentes tons de verde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de tactismo no que o estímulo é unha radiación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Uso terapéutico das radiacións, especialmente das ultravioletas e das infravermellas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Larva mariña dos foronídeos, nadadora, cun gran lóbulo preoral ciliado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de tropismo no que o estímulo é unha radiación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Maxistrado grego que presidía as loitas dos atletas e os xogos públicos.
-
PERSOEIRO
Arquitecto de orixe saxona. Exerceu o seu labor en Inglaterra entre o 1153 e o 1190. Traballou na Torre de Londres e na Abadía de Westminster.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dise dos metais calcio, estroncio, bario, radio e os seus compostos.
-
Cada un dos elementos metálicos da serie: calcio, estroncio, bario e radio, pertencentes todos eles ao grupo IIA da táboa periódica. Son sólidos dúctiles, de cor branca prateada. Os seus átomos teñen só dous electróns no nivel máis externo, que se perden facilmente, deixando un catión divalente, coa configuración electrónica dun gas nobre. A estabilidade desta configuración e o feito de que o segundo destes electróns se perde máis facilmente ca o primeiro, fai que a súa valencia sexa sempre dúas. En comparación cos metais alcalinos, os alcalinotérreos dan ións de radio máis pequenos, funden e ferven a temperaturas elevadas e ademais teñen unha densidade maior. A súa electropositividade e a súa reactividade química son inferiores. Non obstante , reaccionan facilmente cos halóxenos, co osíxeno e coa auga, e dan hidróxidos fortemente básicos. Para obtelos libres cabe utilizar electrólise ígnea ou redutores moi potentes. Os seus carbonatos son insolubles na auga. Ao aumentar o número atómico...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de obtención de metais a partir dos seus óxidos ou sulfuros, por acción do aluminio. O procedemento, posto a punto por Hans Goldschmidt (1894), fundaméntase na maior afinidade que presenta o aluminio polo osíxeno e o xofre, o que lle permite liberar o metal da súa combinación. A reacción realízase dispoñendo nun crisol refractario a mestura de óxido e de aluminio en po e, por riba dela, o iniciador, constituído por unha pequena cantidade de po de magnesio mesturado con peróxido de bario, que se prenden por medio dunha cinta de magnesio. Distintos metais -entre eles o cobalto, o cromo, o manganeso e o molibdeno- obtéñense ou obtivéronse industrialmente, cunha pureza elevada, por aluminotermia. A aluminotermia constitúe tamén a base das aplicacións da soldadura con termita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á aluminotermia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sólido cristalino branco, do grupo dos triazois, bastante soluble en auga, e que funde a 156-159°C. Coñécese tamén co nome de amitrol. Utilízase como herbicida contra algunhas monocotiledóneas; actúa interferindo a fotosíntese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tautomería na que as estruturas se diferencian pola posición dun átomo ou dun grupo de átomos que son quen de dar un anión estable, de tal forma, que o paso dunha estrutura a outra se pode considerar formalmente causada pola migración dun anión.
-
-
Acción e efecto de anotar.
-
Nota manuscrita especialmente a que se fai ao pé ou á marxe dun texto.
-
-
Asentamento que se fai constar nos libros de calquera rexistro (Rexistro da Propiedade, Rexistro Civil, entre outros).
-
Asentamento accesorio marxinal, en contraposición á inscrición propiamente dita, que é o asentamento principal.
-
anotación preventiva
Asentamento de carácter provisional que se practica nos libros rexistrados, especialmente no do Rexistro da Propiedade, e que ten por obxecto asegurar os resultados dun litixio, garantindo un dereito pendente ou preparando unha inscrición definitiva.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que anota.
-
-
Facer anotacións nun escrito.
-
Poñer ou escribir notas nun texto ou en calquera das marxes dun libro.
-
Tomar nota por escrito do nome de alguén para unha lista.
-
Incluírse nunha lista ou nunha relación de nomes.
-
Agregarlle notas aclaratorias a un texto. Existen sistemas avanzados de ordenador con tarxetas de son que lle permiten ao usuario agregar anotacións de voz a un documento de correo electrónico ou de folla de cálculo. Algunhas empresas comezaron a comercializar este mesmo sistema pero incluíndo imaxes. O usuario receptor pode escoitar ou ver os comentarios executando o comando axeitado.
-
-
-
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘bacallao’.
-
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘bacallao’.
-
santiaguiño.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e médico escocés. Foi nomeado médico da Raíña Ana desde 1705 ata 1714, anos da súa máxima actividade literaria. The History of Jonh Bull (A historia de John Bull, 1727), a súa obra máis reeditada e coñecida, orixinou un arquetipo do home inglés. Ademais das súas obras científicas, é coñecido o seu poema ‘Know Yourself’ (Coñécete a ti mesmo, 1734).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partenoxénese que orixina exclusivamente machos, que ten lugar por exemplo nas abellas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de hipnotizarse un mesmo.
-
-
Relativo ou pertencente á comarca do Baixo Miño ou aos seus habitantes.
-
Habitante ou natural do Baixo Miño.
-