anotación

anotación

(

  1. s f

    Acción e efecto de anotar.

    Ex: Revisa a anotación que deixei enriba da mesa.

  2. s f

    Nota manuscrita especialmente a que se fai ao pé ou á marxe dun texto.

    Ex: Déixame unha anotación dos erros que atopes no orixinal.

    Sinónimos: notación.
  3. [DER]
    1. s f

      Asentamento que se fai constar nos libros de calquera rexistro (Rexistro da Propiedade, Rexistro Civil, entre outros).

    2. s f

      Asentamento accesorio marxinal, en contraposición á inscrición propiamente dita, que é o asentamento principal.

    3. anotación preventiva

      Asentamento de carácter provisional que se practica nos libros rexistrados, especialmente no do Rexistro da Propiedade, e que ten por obxecto asegurar os resultados dun litixio, garantindo un dereito pendente ou preparando unha inscrición definitiva.

Palabras veciñas

anosodiaforía | anosognosia | anostráceo -a | anotación | anotador -ra | anotar | Anoual