anostráceo -a
anostráceo -a
(< an- + ostráceo)
-
adx
[ANIMAL]
Que pertence á orde dos anostráceos.
-
s
m
[ANIMAL]
Crustáceo da orde dos anostráceos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Orde de crustáceos da subclase dos branquiópodos, integrada por individuos de pequenas dimensións, de corpo transparente, alongado e falto de cuncha. Os ollos son pedunculados e móbiles, e as antenas son, polo xeral, grandes. O telson remata en dous apéndices non articulados. Frecuentemente dáse a partenoxénese. Habitan en augas doces encoradas e nas augas salgadas.