"Nassau" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Orange (1625-1647) e stadhouler das Provincias Unidas (1625-1647), fillo de Guillerme I o Taciturno. Sucedeu o seu irmán Mauricio I. Nomeado capitán e almirante xeral das Provincias Unidas (1625), conquistou Hertogenbosch (1629), Maastricht (1632) e Breda (1637). Creou unha poderosa flota naval e impulsou o desenvolvemento do dominio colonial holandés. Coñecido pola súa cultura, atraeu á súa corte, entre outros, a Rembrandt e R. Descartes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Orange (1544-1584) e stadhouder de Holanda, Zelanda e Utrecht (1559-1584), fillo e sucesor do conde de Dillenburg, Guillerme o Vello. De nome Guillerme de Nassau-Dillenburg, herdou do seu primo Renato de Nassau o principado de Orange (1544). Ao servizo de Carlos V, foi membro do Consello de Estado de Flandres (1555) ata que en 1568, despois da revolta de varias cidades flamengas por causa da política de Filipe II, se converteu no líder das provincias sublevadas. Tras enfrontarse en varias ocasións cos exércitos do duque de Alba, refuxiouse en Alemaña, onde organizou os exércitos protestantes. Coa axuda dos hugonotes conseguiu en 1576 o alzamento xeral dos Países Baixos e a elección do arquiduque Matías, irmán do emperador, como gobernador de Flandres. En 1578, trala derrota flamenga na Batalla de Gembloux, refuxiouse en Amsterdam e logrou a creación da Unión de Utrecht (1579), base das futuras Provincias Unidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Orange e stadhouder das Provincias Unidas (1647-1650), fillo e sucesor de Federico Enrique I de Orange-Nassau. Presionado pola burguesía dos seus territorios, asinou coa monarquía hispánica a Paz de Münster (1648), onde recoñeceu a existencia das Provincias Unidas do S baixo dominio hispano mentres que Filipe IV recoñecía a independencia das Provincias Unidas e a súa liberdade de comercio coa América hispana. Continuou os enfrontamentos bélicos coa coroa hispana e coa Inglaterra de O. Cromwell, feito que lle valeu a oposición dos Estados Xerais das Provincias Unidas (1650). Pouco antes de morrer, asinou unha alianza defensiva con Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Guillerme III de Inglaterra.
-
PERSOEIRO
Stadhouder das Provincias Unidas (1747-1751). Nomeado stadhouder de Frisia e Groningen en 1718, foi nomeado stadhouder hereditario en 1747 trala ameaza de invasión francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro stadhouder das Provincias Unidas (1751-1795), fillo e sucesor de Guillerme IV de Orange-Nassau. Asumiu o cargo de stadhouder en 1766 trala rexencia da súa nai primeiro e do duque de Brunswick despois. A súa derrota na guerra contra o Reino Unido (1780-1784) e a influencia da Revolución Francesa, levárono a fuxir a Inglaterra en 1784 e a exiliarse en Alemaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Stadhouder de Holanda e Zelanda (1585-1625) e de Utrech e Overijssel (1590-1625), fillo de Guillerme I de Orange-Nassau. Foi nomeado presidente do Consello de Estado das Provincias Unidas (1584) e gobernador e capitán xeral (1587). Á fronte das tropas españolas conquistou Breda (1591), Nieuwpoort (1600) e Rhinberg (1601). Opúxose á Tregua dos Doce Anos (1609-1621).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital das illas Bahamas e porto da costa NL da illa de New Providence (172.000 h [1997]). É un importante centro turístico. A cidade é relativamente pequena, pero o distrito residencial esténdese ao longo da costa. Por vantaxes de orde fiscal, converteuse nun importante centro internacional de negocios e finanzas, con filiais de grandes compañías americanas, canadenses e británicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se instalou na rexión de Lahn, descendente dos condes de Laurenburg. A partir de Ruperto I (1123-1154), que construíu o castelo de Nassau, adoptaron o título de condes de Nassau. En tempos de Enrique II o Rico (1190-1247/51) a familia estendeuse por Renania. Os seus fillos Walram e Odón dividiron as posesións familiares (1255). A rama que procedía de Walram, á que pertencía Adolfo, emperador xermánico (1292-1298), dividiuse en dúas (1355): os Nassau-Idstein-Wiesbaden (extinguidos en 1605) e os Nassau-Weilburg , que novamente foron reunidos con Luís II (1565-1627). En 1627 volvéronse dividir entre os Nassau-Idstein (extinguidos en 1721), os Nassau-Saarbrücken (extinguidos en 1723) e os Nassau-Weilburg (extinguidos en 1912). A rama menor, que procedía de Odón (morto en 1290), dividiuse en tres: Nassau-Hadamar...
-
PERSOEIRO
Economista inglés. Representante da escola clásica, as súas contribucións constitúen as bases da inflexión cara ao marxinalismo. Rexeitou a concepción ricardiana do valor-traballo. Escribiu Three Lectures on the Value of Money (1829) e Outline of the Science of Political Economy (1836).
VER O DETALLE DO TERMO