Phyteuma
Phyteuma
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, da familia das campanuláceas, que presentan as follas simples e unha única inflorescencia, en capítulo, con flores sésiles de cor azul. En Galicia aparece a especie P. hemiphaericum, que crece en zonas de pastos nas serras de maior altitude.